Colamos, unha vez traducido, este texto publicado orixinalmente no blogue "La rebelión de las palabras"
Onte fomos moitas as persoas que nos demos cita en diferentes áreas da sucia metrópole de Madrid con motivo da convocatoria que a "Plataforma En Pié" lanzara para o 25 de abril, chamando a "Asediar el Congreso".
Nun principio, as nosas expectativas eran altas. Tiñamos en mente que quizais esa data podería marcar un precedente novo dentro da habitual dinámica de manifestación pacífica, mansa e borreguil que impulsan as mentiras dos medios de comunicación e manteñen partidos políticos de esquerda, sindicatos, organizacións cidadanistas e demais representantes subterráneos da orde social dominante. Do mesmo modo en que Prometeo, Titán da mitoloxía grega, devolveu as mortais o lume que Zeus decidira arrebatarlles devolvéndolles así non só a súa potencialidade de negar a dominación existente, senón tamén de iniciar unha concepción da vida como esforzo cara á autonomía e a non-dependencia de calquera institución que, erixíndose por enriba do/da individux, decidise administrar os seus conflitos de xeito interesado, esta Plataforma apareceu nun deserto de falsas loitas, intentos reformistas e pasos tímidos, coa intención de devolvernos o lume e así, quizais, só, quizais poder volver prender a mecha de insurreccións durmintes no mesmo corazón da besta.
Confiabamos en que algo pasaría. As detencións previas de persoas con cócteles molotov en Cidade Universitaria ou con garrafas de gasolina no distrito de Fuencarral, así como as 11 detencións aleatorias que se produciron no Campus de Somosaguas contra estudantes que participaban nun encerro (alleo á convocatoria 25-A, pero afectado igualmente pola represión), invitaban a aventurar un incremento no radicalismo da protesta e unha situación de desorde da que poder extraer non só experiencias prácticas en enfrontamento e auto-defensa, senón conclusións que, tras un debate posterior, desen como froito avances neste sendeiro incerto que é a guerra social e a revolución. Non obstante, esta vez o noso Titán non soubo dar a cara. Temeroso, Prometeo non puido cruzar o abismo que separaba o Olimpo das ruínas e así, unha vez máis, o Status-Quo, Deus ao que, esta vez, roubara o lume, venceu.
O intento de provocar a policía en Neptuno ou saíu de estupas ou sinceramente, gustaríame saber que teñen metido na cabeza as persoas que o fixeron. A cantidade de antidisturbios presentes na praza e as súas inmediacións era moi superior á de manifestantes, e a súa preparación para un enfrontamento aberto tamén. Ademais, encontrámonos con que na praza Neptuno non había nada co que bloquear o ataque policial que se produciu. Nin mobiliarios cos que realizar barricadas ou de onde recoller botellas que poder botar, nin vías de escape que non tivesen, como mínimo, 5 furgóns. Para colmo, o groso manifestante compoñíao xente que entre bandeiras republicanas co escudo constitucional (lles parecerá moi revolucionario enaltecer un réxime liberal-burgués, xenocida e traidor, por iso de que é moi "guai" levar bandeiras tricoloras porque significa que es "progre modernx") e carteis co lema "Violencia non, tampouco do Estado", xeraban en moitas de nós un profundo sentimento de vergoña allea. Tal conxuntura desembocou en que unha vez que a policía cargou contra as manifestantes, moita xente decidiu dispersarse cara a Atocha, onde por fin se produciron conatos de enfrontamentos dispersos pero pouco efectivos, aínda que valentes, que se saldaron finalmente con 15 persoas detidas e algúns madeiros e preto de 30 manifestantes feridas (eu non as contei, estas cifras proceden de medios "cidadáns", que non burgueses, aínda que en certo modo non dista moito unha cousa da outra).
Si, producíronse intentos de resistir á violencia policial. Si, houbo accións descentralizadas, non sei cantas, nin me interesa unha cifra, aínda que me alegre que polo menos algúns símbolos do poder que diariamente nos afoga fosen danados en resposta xa non só a un episodio concreto de violencia policial, senón a todos e cada un dos días nos que nos vemos obrigados e obrigada a espertar neste maldito mundo.
O que sucedeu manipularano a conveniencia agora unhas e outras. Haberá quen nos medios ou nos seus faladoiros progres falará de grupos violentos que roldaban encapuchados e vestidos de negro por dentro da masa concentrada en Praza Neptuno. Haberá quen, fiel ao réxime, sacará sensacionalistas titulares que falarán dunha cidade sumida no Caos cara ao atardecer, aínda que nós sabemos que iso non é verdade. Haberá quen, dentro da súa pedrada insurreccionalista adolescente, intentará exaltar o sucedido, atribuíndose algunha clase de vitoria respecto á carga policial e a débil resistencia que tivo lugar en Praza Neptuno e que logo se diseminou polo centro da cidade cando sendo arredor das 20:30 a algunhas persoas se lles ocorreu zarandear os valos que bloqueaban todo o perímetro do Congreso, provocando así a dispersión policial. Haberá quen diga que non serviu para nada, que foi unha perda de tempo, expoñerse á represión inutilmente en nome dun obxectivo que, dende o principio, estaba abocado ao fracaso.
Eu o único que sei é que dende Internet se realizou unha convocatoria evidentemente maximalista, grandilocuente e que pedía á sociedade española un nivel de reacción que esta non está, nin de preto, preparada para demostrar. Unha convocatoria incendiaria, onde coma se dun cumio do GR-20 se tratase, falaban de Bloques Negros e chamaban á realización de accións descentralizadas de saqueo, sabotaxe e corte de rúas, así como difundindo abertamente as súas tácticas e os seus lugares e horarios de reunión. Moi mal feito. Chamar en masa á xente a actuar de certo xeito e logo poñelos en bandexa á represión difundindo onde e cando tería lugar a festa non é unha boa estratexia. Así, o Estado soubo blindar as súas estruturas e as do seu amo, o Capital, con entre 1400 e 1500 antidisturbios, nunha Madrid literalmente asediada que sorprendeu mesmo as que, máis ou menos acostumadas a unha presenza policial forte, nos levamos unha sorpresa ao saír á rúa en dirección ao centro.
Creo que de todo isto podemos remarcar, en primeiro lugar, aquela máxima de que Madrid non é Atenas e dígoo sen ningún ánimo de caer nunha idealización irresponsable do contexto da loita social en Grecia e as súas características. En segundo lugar, eu saco como conclusión que é un erro fiarse das ciber-convocatorias que non encontran un reflexo no día a día da rúa e dos espazos antagonistas onde se trata de proxectar unha revolta e unha serie de alternativas conscientes ao sistema. Houbo non pouca xente que nos días (e semanas) anteriores á xornada de onte encheron a boca por Internet, con ciber-discursos insurrectos do máis convincentes, pero lxs que estivemos alí preguntámonos onde estaba toda esa multitude indignada?, que pasou, quedastedes dormidas?, botaban un partido de fútbol na tele?, resaca?, ou preferiades quedar na casa mirando en streaming o que pasaba fóra? En terceiro e último lugar, gustaríame destacar como a conclusión quizais máis importante e á vez evidente de todo isto, a nosa tendencia a falar de perder o medo, de insurrección, revolta e vinganza contra quen día a día matan os nosos sonos enterrándoos entre nóminas, contratos, facturas e publicidade, pero á hora de levar ese discurso á práctica nun ámbito real, encontrámonos con que como sempre a policía e o Estado nos levan vantaxe e somos materialmente incapaces de levar a cabo o enfrontamento sen facer o ridículo ou sen ter que rematar indo o día ás comisarías a preguntar por amizades, compas, etcétera.
Espero que este escrito, así como outros que poidan xurdir ao respecto (isto é só unha serie de posturas que xorden da miña experiencia persoal, a cal non se ten por que corresponder coas vivencias doutras persoas que, noutras áreas da cidade ou noutras circunstancias quizais tivesen outra perspectiva do sucedido, non pretendo sentar cátedra nin que isto sexa interpretado como única verdade sobre os feitos) axuden á reflexión e a que fallos que xa se veñen repetindo demasiado a miúdo deixen por fin de reproducirse deixando paso a un asalto ao Olimpo con posibilidade ningunha de éxito.
Está todo por facer. Que se estenda a revolta.
Solidariedade con xs detidxs e con xs que deron a cara máis alá dos límites!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario