27 abr 2013

ALGÚNS COMPORTAMENTOS AUTORITARIOS HABITUAIS DE ADULTXS BENINTENCIONADXS CARA ÁS CRIANZAS + Encontro de crianzas na Casa do Vento

Chegounos a convocatoria que reproducimos embaixo xunto cun interesante texto sobre as relacións entre nenxs e adultxs. Velaí vos van (a foto é da nosa colleita):

O domingo 28, na xornada de celebración da primavera, haberá na Casa doVento un encontro de convivio de nenxs e persoas acompañantes.
Outras actividades que se farán son un roteiro de plantas polo Sarela e un obradoiro de leites vexetais.
Blog do C.S.O. Casa do vento aquí.

ALGÚNS COMPORTAMENTOS AUTORITARIOS HABITUAIS DE ADULTXS BENINTENCIONADXS CARA ÁS CRIANZAS


"Agora vamos xogar con isto" "Non, así non se xoga: é así." "Déixalle ese xogo á outra nena, hai que compartir" "Non vaias por aí que che vai coller un coche / que vai vir un home queche vai levar / ..." "Vas caer" “Estábache avisando” "Por que choras? Non pasa nada!" "Non chores que me poño triste" "Non chores que cando choras poste fea. Ti és unha chica juapa, e as chicas juapas non choran / Ti és un chico forte, e os chicos fortes non choran" "Dasme a min esa boneca? Lévoa eu para a miña casa?" "Ven, dame un bico, dame un bico" "Dille ola" "Non me falas? non tes lingua?" "Non te pares aí a facer tonterías, estamos indo ao parque para que ti podas xogar"

As nenxs non son adultxs de menor tamaño. Son seres humanos máis pequenos e inxenuos (o que parece que xa xs relega a nunha posición secundaria) que teñen unha percepción da realidade totalmente diferente e cambiante. Teñen por dedicación principal a experimentación, o xogo permanente co mundo, que aparece en calquer lugar e momento, e ten por obxectivo ir asimilando o comportamento da realidade, as súas regularidades. O seu xogo espontáneo é unha actividade sen finalidade consciente, dirixida a satisfacer unhas necesidades de desenvolvemento propias que emerxen do seu interior.

Na nosa sociedade xs nenxs viven nunha permanente agresión aos seus procesos de desenvolvemento. As crianzas son constantemente obrigadas a adaptarse a entornos e situacións creada por e para adultxs. Por crecer e vivir nesta cultura, non relacionarnos con elxs sen vulnerar constantemente a súa autonomía convírtese nunha considerable tarefa. Se non temos presentes as diferentes necesidades e capacidades de adultxs e crianzas, faise imposible (aínda que teñamos a mellor das intencións)compartir desde o respeto tan só uns minutos do noso tempo cunha nenx. Estamos acostumadxs a tratalxs como nos trataron a nós, como vemos todos os días que son tratadxs xs nenxs. Baixo un condicionamento permanente en función dos intereses e a realidade adultas, sen respeto pola diferente situación e psicoloxía dxs pequenxs. Así mantense o dominio adulto, o que xenera eivas nas persoas en desenvolvemento, sobre todo no eido emocional (medos, inseguridades, falta de confianza, sumisión, autoritarismo, egocentrismo…). Eivas que despois se manifestan en adultxs que de volta educarán do mesmo modo às súas crianzas... e así mantense este estado de cousas. Por iso creo que é necesario comprometerse para romper este círculo vicioso e que as persoas que agora están en pleno desenvolvemento podan un día dispoñer plenamente de si mesmas, coñecer os seus desexos e necesidades auténticas e ter a autoconfianza e a determinación para procurar a súa realización. Na miña opinión é insuficiente que este compromiso só acade ás persoas que conviven dia a dia con crianzas, e debería estenderse a toda persoa que mesmo só trate ocasionalmente con nenxs.

Recentemente decidín adquirir o compromiso de tratar de ter unha actitude cada vez máis respetuosa cos procesos de desenvolvemento dxs nenxs. Esta idea afianzouse despois do impacto que supuxo para min compartir uns días cunhas compañeirxs que estaban moi comprometidxs nesta liña coxs súas fillxs. E velxs tratar a cada momento coas crianzas desde un profundo respeto. Ver que é posible un xeito de criar distinto da educación tradicional e da escolarización, e que isto é un valioso agasallo para as crianzas.

Despois do impacto inicial, comecei a tomar nota dalgunhas das cousas que quero aprender a non facer cando me relaciono con nenxs (e con adultxs!):

non quero DIRIXIR: non quero quitarlle a iniciativa, non quero impedir que tome as súas propias decisións nin dicirlle o que ten que facer. Non quero poñerlle diante aquilo co que quero que xogue, nin atraer a súa atención para que vexa cousas que eu considero sorprendentes. Non quero quitarlle a posibilidade de que a través da súa propia actividade lle poda sacar ás cousas os seus segredos e facer os seus propios descubrimentos (que han ser distintos dos meus descubrimentos). Non quero facilitar que asuma un rol que "teledirixa" a formación do seu carácter e limite de antemán as súas capacidades. Non quero adiantarlle cousas que aínda non lle toca vivir (porque senón xa as estaría vivindo por si mesmx). Non quero facer que se adapte ao meu ritmo ou obrigalx a acompañarme elx a min, non quero que as miñas necesidades fagan sombra ás súas. Non quero acotar á súa exploración pola miña comodidade, o meu noxo, ou os meus medos, nin polas normas sociais ou morais. E isto non implica que non queira poñer límites cando sexa necesario.

non quero EXPLICAR con palabras que non entende, dicindo cousas das que eu mesmo non estou seguro, cando as súas preguntas o que son en realidade é unha demanda de atención. Non quero calificar o seu estado nin manipulalx coas miñas palabras. Non quero ter a última palabra, non quero "correxir" ou complementar as súas explicacións ou accións "equivocadas", nin aplaudir as "acertadas". Non quero dicir “eu xa o sabía” nin “xa o estaba vendo” nin “xa cho dixen” cando cae ou se manca; quero apoiar e estar aí sen cuestionalx para axudar a que elx comprenda que foi o que aconteceu. Non quero tratar de convencer con argumentos racionais a unha nenx que non os pode entender, non quero dicirlle “como son as cousas”. Respostarei ás súas preguntas cun “non sei” aínda que si crea saber a resposta, ou como moito contareille cómo eu creo que é. Direille o que eu quero facer, e non "o que hai que facer porque esa é a mellor opción". Non quero cuestionar o seu criterio, aínda que sexa diferente do meu, e aínda que elx dubide de cousas que eu teño claras fai tempo.

non quero AXUDAR: non quero solucionar os seus problemas, non quero crear unha dependencia de min para xogar nun columpio (creando así un único xeito de xogar con el), o co que queira que sexa. Non quero anticipar as (miñas) solucións ou os modos nos que eu creo que se xoga con cada cousa (mesmo aínda que sexan os modos de todo o mundo). Non quero evitar o proceso de exploración e creación que se da antes de conseguir facer algo cando eu non lle axudo (aínda que este proceso dure meses...).

non quero MORALIZAR: non hai nenxs boas e nenxs malas, e do mesmo xeito non hai un bon xeito ou mal xeito de facer as cousas. Non quero xulgalx, non quero dicir "moi ben" cando fai algo que me sorprende; ou “estás facéndoo mal” cando intenta facer algo dun xeito que eu xa sei que non funciona. Porque non quero condicionar a súa experimentación á miña aprobación, e ademais non conozo todos os xeitos de facer as cousas nin de experimentar o mundo e non quero limitalx a que só viva o meu modo de facer as cousas. Non quero obrigalx a ceder o xogo que escolleu nun momento dado só porque xs adultxs estableceron o imperativo superficial e hipócrita de que “hai que compartir”, para agochar o seu propio egocentrismo. Non quero asustar ou infundir medo advertindo de perigos relativos ou inexistentes, que moitas veces desaparecerían eu estivera perto acompañándox, sen obstinarme en que o seu xogo non se saia das marxes que marcan a miña comodidade ou as miñas necesidades.

non quero DISTRAER da súa auténtica necesidade (que ao mellor é saltar no charco e non mirar o arco da vella), nin da súa tristura, nin da súa dor ou rabia... non quero facer que deixe de chorar se é o que precisa facer para desfogar dores recentes ou antigas. Non quero manipulalx para que non chore ou amose a súa rabia, non quero compralx con doces, regalos, ou o que queira que sexa. E quero ser quen de manter unha actitude relaxada e afectuosa aínda que non entenda o seu estado ou as súas reaccións. Non quero collelx no colo, facerlle cóxegas ou soarlle os mocos sen estar seguro de que elx tamén quere que o faga. Non quero anestesiar a súa percepción con tecnoloxías audiovisuais, xoguetes ruidosos ou con luces de cores. Non quero interrumpir os seus momentos de concentración nin estar constantemente presente. Non quero entrometerme nos seus xogos, aínda que me pida que xogue con elx para demandar a miña atención ou presenza (isto non significa que en ocasiónsnon xogue con elx). Quero diluirme e estar "sen estar", estar cando me precisa pero sen impedir que dirixa a súa atención ao que queira que lla reclame.


Quero entender a súa natureza para poder cooperar con ela, e non obstaculizala. A súa natureza que é máis animal e tamén máis humana que a dxs adultxs que xa estamos deformadas pola sociedade e por ter vivido unha crianza non respetada. Quero buscar solucións para conseguir cada dia respeitar máis o seu proceso de desenvolvemento, ser máis consciente das suas verdadeiras necesidades a cada momento, e sen culpabilizarme cando non o consigo.


Sei o fácil que é para quen convive con crianzas rematar véndoas coma unha molestia para os propios plans e proxectos… e como de aí á “guerra de xeneracións” hai un paso. A convivencia pode voltarse realmente desagradable. Vivín isto, e parece que de volta parece que esta situación quere resucitar ás veces aínda.

Unha nenx que sinte respetadas os seus desexos e necesidades auténticas ten unha actitude serena e tranquila, e acepta tamén que se lle poñan límites. Quero saber poñer (só) os límites necesarios, os que impoñen as circunstancias da vida, os que hai que poñer para poder compartirse con outrxs sen pisarse a liberdade, para manter a seguridade no xogo, para poder acotar as súas necesidades sustitutivas (doces, TV, e outras moito menos claras...). Como vimos tantas veces tratar ás nenxs dun xeito pouco
respetuoso (en ocasións mesmo directamente agresivo), creo que non dimensionamos adecuadamente todo o que se xoga no seu desenvolvemento, e todo o que lle podemos aportar cada vez que compartimos o noso tempo cunha crianza se conseguimos deixarnos a nós mesmxs de lado.

Porque o seu desenvolvemento é un proceso que só se da unha vez, e condiciona o resto da súa vida. Por iso decidín priorizalo, para acompañalx de xeito que poda despregar todas as súas potencialidades. Non para que chegue a ter unha intelixencia sobresaínte, senón por tratar de evitar a toda costa as eivas emocionais, as autolimitacións que tanto constrinxen ás persoas. E tamén por min, para crecer con elx.

2 comentarios:

  1. contacto do que escribe: midriase.ourobouros@gmail.com

    ResponderEliminar
  2. Qe ben lle virian estAs xornadas a algunha companheira fai 30 anos

    ResponderEliminar