Recollemos a información da web Contra Info:
A policia detivo este venres pasado 1 de febreiro aos anarquistas gregos Yannis Michailidis e Dimitris Politis xunto a outras duas persoas. Dase a circunstancia de que ambos estaban en busca e captura acusados de pertenencia à organización revolucionaria "Conspiración de Células do Lume", se ben ambos se desvincularan de tal pertenencia xá en outubro do ano pasado nunha Carta publicada en Indymedia na que negaban a sua pertenencia: "non para rexeitar as nosas “responsabilidades legais”, senón para evitar que o noso discurso político sexa identificado con aquel da organización, dado que sí temos os nosos desacordos".
Durante o arresto os compas foron torturados e agora os falsimedios falan de manipulación fotográfica dos rostros dos detidos por parte da policia nun intento de que non se percebiran os hematomas consecuencia das torturas (ver imaxen de arriba: esquerda foto orixinal, direita foto manipulada), mas dan por boa a versón conforme os catro foran detidos por atracos a man armada en dous bancos da cidade de Kozani (norte de Grecia).
No seguinte video da chegada dos dois compas aos xulgados de Kozani, se lles pode ouvir berrando “Viva a anarquía! Viva a anarquía, cabróns!“. “Viva a anarquía! Madeiros, xuíces, políticos, non tendes razóns para durmir tranquilos. Perdimos unha batalla, pero non a guerra! – Que vos fodan!“
Ademáis en Contra Info veñen de publicar esta noticia despois de que varixs solidarixs se puxeran en contacto con os pais de Andreas-Dimitris Bourzoukos onde informan do seguinte:
Todos os arrestados foron trasladados (de Kozani) à xefatura de policía de Atenas o sábado, 2 de febreiro a última hora da tarde.
O domingo, 3 pola mañán, os paies puideron entrar en contacto con os seus fillos, ao igual que os seus advogados defensores. Ata ese momento, a policía denegara unha e outra vez todas as peticións para elo.
Permitiron aos pais visitar aos arrestados só durante 15 minutos no 12º andar da xefatura policial.
Específicamente, Andreas-Dimitris Bourzoukos estivo alxemado a unha cadeira durante toda a visita e informou de que, entanto estivera con as maos alxemadas polas costas nas celas de detención da comisaría de Veria, os policías lle taparan a sua cara con unha caperuza, forzarono a porse de xeonllos e golpearonlle durante unhas catro horas na cabeza e estómago, tambén lhe arrincaron alguns mechons de pelo à forza. Isto aconteceu sen nengunha resistencia pola sua parte. Sobra dicer que os policías tambén estuviron ameazándolo todo o tempo e insultarono da maneira máis vulgar.
As consecuencias das torturas mentadas foron: sangue na orina, severos mareos, cefaleas, edemas en toda-la cara, hematomas nos ollos, asín como moratons e equimosis por todo o corpo.
O seus pais declararon que tiña a cara irreconocible e a voz estaba alterada por todo-los golpes na mandíbula.
Durante istos tres días, só se lle permitiu beber auga en garrafas e non se permitiu aos seus pais pasarlle alimentos básicos empaquetados nen zumes de froita.
Cabe sinalar que istos feitos descritos non se divulgan para vitimizar aos arrestados, senón para resaltar as torturas e violencia que os aparatos do estado practican ‘legalmente’.
Dicer que pese a todo, Andreas-Dimitris Bourzoukos se mantén forte e digno, e segue firme de moral.
Hai tambén unha carta aberta de Pantelia Vergopoulou, nai de Andreas-Dimitris Bourzoukos, que denuncia inequívocamente as torturas contra os catro compas e afirma, entroutras cousas, o seguinte:
"Os mecanismos persecutorios en Grecia seguen os estándares de tortura das prisions de Guantánamo. Ao meu fillo, ao igual que aos outros tres arrestados, non se lle tratou como a calquer outro acusado de delitos do código penal, senon con particular odio por ser anarquista. Ao mesmo tempo, os torturadores ocultos tras carapuzas permanecen intocables.
Ata cando?
[...] Finalmente, sendo eu mesma médico (especializada en medicina de urxencia prehospitalaria), afirmo que as primeiras horas despois dun trauma son críticas en canto a potenciais danos cerebrais e lesions futuras. A alta necesidade dun examen imediato e de asistencia hospitalaria afecta a todo-los arrestados que foron maltratados.
Considero aos que están a carrego do caso responsabeis direitos de calqueira dano que poidan ter ocasionado."
Forza aos compas arrestados!!.
Intentaremos compartir máis actualizacións pronto.
5 feb 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Grecia: Actualización de los cuatro compas detenidos el 01/02/13 y acusados en un caso de atraco a bancos (colado de ContraInfo):
ResponderEliminarEl 3 de febrero, llevaron a los anarquistas Dimitris Politis y Yannis Michailidis ante el fiscal en los juzgados de apelaciones de Atenas en relación con las órdenes judiciales contra ellos sobre el caso de la CCF. El 4 de febrero, los llevaron al tribunal especial de Koridallos para la sesión 25 del juicio de la CCF. A ambos los encarcelaron en la prisión de Koridallos, donde también se encuentran los miembros de la Conspiración de Células del Fuego.
Desde el 5 de febrero, los cuatro compas acusados en el caso del atraco a bancos en Velventos-Kozani, es decir, Dimitris Politis, Yannis Michailidis, Nikos Romanos y Andreas-Dimitris Bourzoukos (los dos últimos aun no han sido encarcelados oficialmente) fueron trasladados a Kozani, donde el 6 de febrero se enfrentarán a otra audiencia en los tribunales locales.
Fonte:
http://es.contrainfo.espiv.net/2013/02/05/grecia-actualizacion-de-los-acuatro-compas-detenidos-el-010213-y-acusados-en-un-caso-de-atraco-a-bancos/