A quen non seguides os mentideiros igual non sabedes do que se fala, un caso mais que sumar às últimas actuacions "de graza" e "desgraza" do goberno español do PP (sen entrar a falar de Barcenas nen de "cenas nos bares"). E asín entre a negativa do indulto ao extoxicomano vigués David Reboredo, o "paso de cárcere" do cachorro do PP Ángel Carromero, ou o indulto aos moços torturadores, agora vimos de saber que o "estraño e discutido" indulto concedido por Gallardón a un kamikaze que manexou o seu carro de luxo nunha autopista en sentido contrario e que topara con outro carro que ia no sentido correcto e que como consecuencia morrera o conductor deste veículo e resultara con feridas graves à sua acompañante, ten o compoñente necesario para entender a que era debida tal graza do ministro da inxustiza: Ramón Ríos Salgado, o kamikaze indultado, é curmán do "Consejero de Sanidad de Castilla La Mancha" e deputado pola provincia de Guadalajara José Ignacio Echaniz Salgado.
E copiamos e colamos esta información de Prensa16:
A nai do kamikace, María Esther Salgado e a nai do conselleiro de sanidade, María Teresa Salgado, son primos. Así llo confirmou a Prensa16.com un membro do Club de Maratón Guadalajara, do que Jorge Ríos, é socio activo dende hai moitos anos. Este socio do club sinalou tamén que ambos os dous se coñecen e tratan moito, segundo lle relatou o propio Jorge Ríos, xa que ambos os dous son case da mesma idade, (un naceu en 1963 e o outro en 1964), aínda que este descoñece se o kamikace é afiliado do Partido Popular, do que sinalou que "socialista non é, iso está claro".
Jorge Ríos, no momento do accidente conducía un potente coche que era propiedade da empresa Opel, da que era directivo. Por esa razón, a casa alemá de vehículos foi condenada como responsable civil subsidiaria pola Audiencia Provincial de Valencia. Durante o proceso xudicial, o agora indultado, foi defendido por Esteban Astarloa, irmán do que fose Secretario de Estado de Seguridade co goberno de Aznar, Ignacio Astarloa, e compañeiro de despacho do fillo do ministro Alberto Ruíz Gallardón. Ambos os dous traballan no prestixioso bufete de avogados Uría e Menéndez, un dos máis caros de España. Unha defensa xurídica que sorprende, dada a elevada minuta que tivo que custar o preito, e inaccesible para a maioría dos cidadáns da pé, incluido o recurso ante o Tribunal Supremo que tamén desestimou as pretensións do agora indultado polo Goberno
Estas relacións familiares entre altos cargos do Partido Popular e o kamikace indultado, fan sospeitar que puidesen influír na toma de decisión do indulto, unha medida de graza, e sobre a que o PP se negou onte a que respondese no Congreso dos Deputados o ministro de Xustiza Alberto Ruíz Gallardón.
Publicado por Edu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario