25 dic 2012

Desaloxada a okupa Villa Amalias (Grecia)

A quizais máis mítica okupa ateniense,Villa Amalias, con 22 anos de loita ás súas costas, foi desaloxada o pasado xoves 20 de decembro pola acción combinada de varios corpos policiais. Oito persoas resultaron detidas, saíndo en liberdade onte luns, cinco con cargos e tres sen eles (pois atopábanse de paso). O pretexto para o desaloxo foi unha suposta denuncia anónima por tráfico de drogas, non obstante os delitos que penden agora sobre os acusados se basean nunhas botellas baleiras (encontradas nunha okupa con cafetaría e sala de concertos) e unha mínima cantidade de petroleo atopado xunto a unha estufa; unhas máscaras anti-gas, uns tirafondas e uns lumes de artificio completarían o cadro.

A día de hoxe o edificio segue baixo protección policial para evitar a re-okupación por parte dos numerosos activistas que responderon nas rúas ao desaloxo (con varias manifestacións e concentracións de apoio aos detidos).

Noutra orde de cousas, a tamén okupa grega "Xanadú" de Xanthi, na rexión de Tracia, sufriu o pasado sábado un ataque incendiario. Este tipo de agresións a centros sociais son moi frecuentes en territorio heleno, onde os fascistas, con ou sen uniforme, fan pinza en contra do movemento antisitema combativo.

C.R.

Info sobre o desaloxo de Villa Amalias: En Verba Volant -Aquí, -Aquí e Aquí.
En ContraInfo: -Aquí e -Aquí.
Sobre o ataque a okupa Xanadú -Aquí.

2 comentarios:

  1. Comezaron as sabotaxes en Atenas en solidaridade ca okupa e coas persoas detidas no desaloxo:

    http://es.contrainfo.espiv.net/2012/12/25/atenas-solidaridad-incendiaria-con-la-okupa-villa-amalias/

    LUME!

    ResponderEliminar
  2. Tamén vos deixo estoutro enlace que inclúe unha carta recén traducida e redactada polas 8 persoas detidas mentras se atopaban encerradas na xefatura de policía de Atenas:

    http://es.contrainfo.espiv.net/2012/12/26/atenas-carta-de-lxs-okupas-de-villa-amalias-cuando-estaban-encerradxs-en-la-jefatura-de-policia-221212/

    ResponderEliminar