Segundo o informado pola prensa comercial a semana pasada, unha delegación do valedor do pobo visitou a prisión pontevedresa de A Lama para inspeccionar algunhas instalacións e entrevistarse con internos. Investigarían, deste xeito, a excesiva mortalidade de reclusos a causa de sobredose e a utilización indiscriminada e abusiva de sancións de illamento.
Noutra orde de cousas, o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades ESCULCA denunciou ante o mesmo organismo as graves carencias nos programas de actividades así como nas infraestruturas da prisión coruñesa de Teixeiro.
A galería e as celas que ocupan os penados de primeiro grao atoparíanse nun estado insalubre e de total abandono, con abundantes goteiras, humidade e temperaturas excesivamente baixas en inverno.
No tocante aos programas de actividades nestes mesmos módulos serían totalmente inexistentes, malia as reiteradas peticións dos reclusos, que tamén se queixarían, noutra orde de cousas, das prolongadas esperas para recibir asistencia sanitaria. Noticia na páxina de ESCULCA aquí.
Volvendo á visita do Valedor do pobo á Lama, esta prolongouse por espazo de dous días e as súas conclusións comunicaránselle a Institucións Penitenciarias (os que, con toda seguridade, as ignorarán olimpicamente como teñen por costume). Pero en caso de que estas sexan favorables á institución, poderemos considerar como cómplice absoluta a Soidade Becerril (quen ostenta agora mesmo o cargo) das nefastas políticas de reiterados abusos penitenciarios que Álvaro Nuevo, director do penal,desenvolve dende o seu recente nombramento.
Como non queremos facerlle publicidade ao "Faro de Vigo", que publicou a nova, remitímosvos outra vez á páxina de ESCULCA que se fixo eco desta traducíndoa ao galego -AQUÍ.
C.R.
No hay comentarios:
Publicar un comentario