6 oct 2012

Barricadas en Asturias no aniversario da revolución de 1934

Cando máis falta facía,dende Asturias voltan a poñer as cousas no seu sitio. Onte, 5 de outubro, aniversario do comezo da insurrección asturiana de 1934, barricadas incendiadas cortaban a A-66 a altura de Pola de Lena, defendidas mediante foguetes por un grupo de encapuchados.

Cando o pacifismo expansivo e totalitario voltaba á palestra mediática da man dos comeflores máis recalcitrantes do hippismo quincemero, cando volvían a escoitarse apoloxias da delación, anatemas contra a violencia e cívicas fatwas contra os encapuchados; Asturias volve a levantar a bandeira revolucionaria, colocando a acción directa e a confrontación co poder no lugar onde ten que estar, e de onde nunca ninguén debeu de quitala: no centro da loita dos oprimidos contra os tiranos.

Segundo o recollido pola prensa comercial, arredor das sete da tarde de onte, unha vintena de encapuchados cruzaron neumaticos no Km 59 da autopista de Huerna e prendéronlles lume, cortando o tránsito en ambos sentidos así como noutras vías secundarias. Tras Pancartas con lemas como “ni paro, ni miseria, ni estafas al pueblo” resistiron a chegada dos corpos represivos, lanzando foguetes pirotécnicos durante máis de media hora ata a chegada dun helicóptero da policía. A prensa informa de que dúas persoas alleas á protesta resultaron feridas por cristais producidos polo estoupido dun dos "voladores". 

Ao parecer as centrais sindicais desvinculáronse destes actos, que poderían non ter relación coa minería, pois algúns medios alternativos falan de "parados e traballadores fartos da situación" mentres que medios comerciais especulan cos "indignados". 

Sexa como sexa é unha bonita forma de celebrar o 78 aniversario da Revolución Asturiana de 1934, que durante case 15 días mantivo en xaque o goberno dereitista da república cunha insurrección obreira armada na procura da revolución social. 

 C.Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario