Aquí tedes o cartaz de actividades deste mes de outubro no Centro Social Okupado de Palavea (Rúa Rio de Quintas 31, na N-550 xunto a discoteca OH! Coruña). A programación aínda é provisional, sobre todo no tocante as actividades permanentes (algúns obradoiros aínda non figuran por non ter a data fixada), pero ao longo do mes concretarase o resto da programación, polo que non se descartan posibles engadidos e modificacións.
6 de Otubro: Zan Hoffman
12 e 13 de Outubro: Xornadas de Antipsiquiatría. Con concertos de Trazos, Débito, Runge Kutta e Bitxo Bola
20 de Outubro: Orange Macadam (Francia) + Dharmak
Ademais: clases de inglés, charlas sobre o estado e a non violencia, a reforma do código penal, asambleas de movementos sociais, asambleas feministas e grupos de autoformación
Vos lembramos ademáis que este sábado estará no CSOA Palavea Zan Hoffman, dende Kentuky for A Coruñiacs!
Antes do concerto haberá ceador. ¡Ven con famiña!
Blog da okupa: http://okupacorunha.wordpress.com/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hostia, vexo no cartaz que hai palestra de Gelderloos. Gran libro o de "Cómo la no-violencia protege al Estado". A ver se non xorden imprevistos e temos a sorte de ver esa palestra en directo :P
ResponderEliminarSaúde!