Unha operación coordinada pola Interpol contra a plataforma de ciberactivistas Anonymous saldouse onte con 25 detencións, catro delas no estado español. Entre os arrestados atópase un pontevedrés de 16 anos que quedou baixo a custodia dos seus pais. Un malagueño e un madrileño non tiveron tanta sorte e ingresaron xa na cadea.
A represalia de Anonymous non se fixo esperar e onte a noite bloquearon a páxina de interpol.
Baixo a denominación "operación Exposure", ademáis das mencionadas detencións practicáronse arrestos en Argentina, Chile e Colombia e bloqueáronse servidores en Bulgaria e a República Checa.
Os distintos medios empresariais vinculan ós detidos coa divulgación de datos personais de membros dos G.E.O., guardaespaldas de Zapatero, policías da casa real, personalidades relacionadas coa "lei Sinde" (entre elas o ministro de cultura), de Rosa Diez, así como ataques de denegación de servizo (por exemplo contra a web do P.P. de Foz) ou por poñerlle colmillos a Rubalcaba e a Rajoi nas súas respectivas fotos oficiais.
Información extraida de distintos medios da prensa comercial.
29 feb 2012
Detido en Pontevedra un rapaz de 16 anos nunha operación contra Anonymous
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hala...... pois aqui nin se notou oie...
ResponderEliminar