A xente organizada no colectivo cidadá "SOS Panadeira" segue a sofrer a represión por procurar un ben social para esta vila mariñeira como é o de manter o dereito a disfrutar das praias urbanas de "A Panadeira" e "Os Barcos" en loita contra un xigante representado polo Club Naútico dirixido polo regatista Pedro Campos Calvo-Sotelo, amiguísimo de JuanCar, con quen compartilla a afición à vela, e do mesmo Rajoy ( o seu irmán Luis, morto hai pouco, fora membro destacado do clube) quen, neste martes pasado, foi a estrela do acto de entrega ao Club Náutico de Sanxenxo da placa de bronce do Mérito Deportivo, concedido polo Consello Superior de Deportes; acto do que algúns medios só destacan a súa teima en seguir pronunciando Sangenjo, ao estilo madrileño, e no que Rajoy, arropado polo presi da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a presi do Parlamentiño, Pilar Rojo; o mandatario provincial, Rafael Louzán, e a alcaldesa, Catalina González, (todas do PP, como non) tivo palabras de especial atención para Pedro Campos: «Es muy importante superar las dificultades que encontramos en el camino, y Pedro sabe muy bien de qué estoy hablando», alén de asegurar que: «Sangenjo es para mí, mi pequeña patria y la de mi familia. Mi hermano fue vicepresidente de este club y mi cuñada ha estado en la directiva. Para mi es extraordinario estar aquí».
Ese mesmo martes, a plataforma "SOS Panadeira" se concentrara na praia ás 11:30' da mañán e despois, durante o acto da entrega do premio (a última hora da tarde), se personaran nas proximidades do Náutico sen portar faixas nen empregar nengún elemento sonoro, mais aínda así, foran desprazadas polas forzas de seguridade a máis de cen metros do lugar do acto. Ao día seguinte, onte mércores, e tal como nos dan conta nun seu correo: A policía local, según informaron, por orde de Salvador Durán, primeiro tenente de alcalde, procederon a retirar as faixas de SOS na zona portuaria pois o parecer incumpren a normativa municipal sobre publicidade. Ante esta maxadería de calificar de publicidade o que non e senón o lexitimo exercicio por parte dos veciños dos dereitos fundamentais recollidos na Constitución en defensa das praias públicas, queremos facer as seguintes Manifestacións:
1- Se algúnha publicidade representaban as pancartas era a de avisar os futuros compradores de que sobre a obra ilegal dos novos pantaláns pende unha sentencia xudicial e que non viñeran despois co conto de compradores de boa fe. ¿entra esta publicidade na casuística da normativa municipal?.
2- A auténtica razón da orde de retirar as pancartas é que “afean” a conduta disciplicente dos responsables da defensa dos bens públicos, xa que os asistentes poden comprobar que teñen que ser os veciños os que fagan o traballo que os votantes lles encargaron a eles nas urnas.
3- Non nos estraña nada que isto ocorra tras saber que o concellal de Medio ambiente, Xosé Luís Rodríguez, cenou no Náutico con Pedro Campos, Félix de la Calle e Saulo Martínez, onde o marisco, o bo viño e as risas non escasearon. Así defende “O puma” o Medio Ambiente, cenando con quen o depreda. Unha vergonza, aínda que non nos sorprende coñecendo a personaxe.
4- Certamente non esperábamos dos representantes públicos axuda de ningún tipo, pero polo menos podían deixarnos facer o seu traballo -polo que eles cobran- de defender os bens públicos, pero nin iso. En vez delo envíannos dúas patrullas da Policía Local, como antes enviáronnos da Subdelegación a Garda Civil.
5- Pedimos a “estes representantes” públicos que abandonen xa a súa hipocrisía e dobre faz e deixan de “apoiar” os veciños na súa defensa das praias. Estamos máis que fartos de tanta falsidade (*).
(*) SOS Pânadeira fai mención a hipocrasía da alcaldia, que dilles que teñen razón na súa loita pero xa se ve para quen tiran os seus intereses.
Noticia presentada por Xan do Can
Máis información en Abordaxe sobre esta loita veciñal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario