Recibimos na nosa caixa de correos dúas comunicacións de compas de Pontevedra na que nos dan conta deste proxecto posto en marcha por catro persoas (polo de agora) a Distribuidora Anarquista Polaris, que xa conta con o seu propio blogue:
A idea é sinxela. Montar periódicamente na rúa un posto con fanzines, panfletos e outros formatos de propaganda, poñendo á disposición de calquera interesadx unha serie de materiais cuia difusión, debate, lectura... consideramos de interés dende unha perspectiva antiautoritaria.
Polo momento, montamos só unha vez, cunha boa aceptación e un arranque interesante, collendo un bó ritmo que agardamos manter. O posto móntase nas inmediacións da Praza da Ferrería, onde esperamos permanecer salvo contratempos de forza maior (por exemplo, que a policía amole moito).
Agradecemos a difusión do texto que engadimos a continuación, e que vai como presentación do noso proxecto.
Presentámonos!
Somos a Distribuidora Anarquista Polaris.
De que vai isto?
No noso posto na rúa, que montaremos periódicamente, poderás atopar panfletos, fanzines e demáis materiais. O noso obxectivo principal é poñer a disposición de calquer persoa interesada unha serie de documentos tanto autoeditados como tomados doutros proxectos afíns, cuxa difusión, lectura e debate consideramos importante á hora de cuestionarnos a realidade circundante e adquirir a capacidade real de intervir sobre ela.
Por que anarquistas?
Porque non confiamos nas estructuras xerárquicas. Cremos firmemente que a Autoridade é un lastre que limita o noso desenvolvemento persoal e colectivo, suprimindo a nosa autonomía e creando persoas dependentes que non son donas da súa vida, sometidas á vontade e necesidades das altas oligarquías saqueadoras e explotadoras.
Porque cremos que o Estado é o máximo expoñente deste lastre, ferramenta coercitiva por excelencia que actúa de mediadora e se encarga de facer prevalecer os desexos dunha clase propietaria e dominante sobre as necesidades comúns, defendendo os seus intereses mediante leis hipócritas, cárceres inhumanas e exércitos armados de policías e militares.
Porque se nos organizamos, somos capaces de crear outro tipo de relacións que nos permitan vivir doutro xeito: Horizontal, Asambleario e Comunitario.
E que é iso de Polaris?
Nos séculos XVIII e XIX, a estrela do Norte, tamén chamada Polaris, era o punto de referencia para a fuxida dxs escravxs negrxs dende o sur dos EE.UU. cara os Estados do Norte. Nós, aínda rexeitando calquera posición vangardista, tamén pretendemos ser unha referencia para aquelas persoas que sintan coma nós o desexo de fuxir da escravitude moderna do traballo asalariado e o consumismo, e de rebelarse contra este mundo enfermo e toleado pola mercadoría.
Entón sodes anarquistas? Non vos parece utópico?
Non. Se pensásemos que é utópico, non tería sentido esforzarnos. Cremos que é preciso un cambio a gran escala e a moitos nivéis, e sabemos que isto esixe unha labor duradeira e a longo prazo. Pero vendo un mundo coma éste, sabemos que o mundo que levamos nos nosos corazóns non só é posible, tamén é necesario.
E aínda que dentro do colectivo mantemos as nosas diferencias, recoñecéndonos por momentos en correntes diferentes do pensamento anárquico, compartimos unhas bases, uns medios e uns obxectivos, e sentimos unhas afinidades que nos unen. Definímonos coma anarquistas autónomxs, allexs a calquer sindicato, organización, partido político ou institución por enriba de nós mesmas e dos nosos propios desexos de asociarnos.
Convidámoste a coñecernos e compartir con nós dúbidas, opinións, críticas constructivas... Vémonos nas rúas!
Distribuidora Anarquista Polaris
O horario no que montaremos é o seguinte (calquera variación será comunicada):
- Horario vacacional (Nadal, Semana Santa e entre o 1 de xullo e o 15 de septembro)
Martes, xoves e sábado de 17:30 a 21:00.
- Horario normal:
Xoves e sábado de 17:30 a 21:00.
Próximamente agardamos colar pola cidade cartaces informativos, así como tamén crear un blogue onde poder ir publicando as actualizacións e novas relativas ó funcionamento e desenvolvemento da nosa distri.
Levemos a conspiración ó seu lugar orixinal, as rúas! Alí nos vemos!
Saúde.
Distribuidora Anarquista Polaris - distripolaris@riseup.net
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario