8 ago 2014

[Sanxenxo] Martes 12 as 11:30' Concentración na praia da Panadeira

Dende SOS Panadeira, alén de agradecernos, de novo, por axudar a divulgar a loita e por darlle cobertura, fannos chegar esta convocatoria prevista para a mañán do martes 12 as 11:30' da mañán, dado que como din no seu correo: "a esa hora temos unha marea moi baixa e podemos ver en todo o seu conxunto a aberración que fan nestas praias, acabando co turismo e co lecer soamente por ter uns amarres para barcos a pé de praia nun lugar prohibido polo POL e polo Plan de Usos do Porto ademais do Plan Especial. A esas horas o calado é moi baixo e pódese chegar andando o lado do pantalán, a corrupción impera nesta vila mariñeira".

Colamos de seguido a información facilitada, onde fan un resumo dos antecedentes e do presente desta loita viciñal, á que en Abordaxe estamos a dar cobertura dende fai tempo e animamos a divulgar por outras fontes, dado o silenciamento cómplice dos falsimedios:

ANTECEDENTES

A nosa historia a simple vista pode parecer un remake de caciquismo Galicia Calidade, pero en verdade é o que estamos vivindo agora mesmo nunha vila costeira turística das Rías Baixas galegas.

Nos somos unha Plataforma de veciños de Sanxenxo chamada SOS Panadeira que loita pola detención dunhas construcións no porto Deportivo de Sanxenxo a cargo do Real Club Náutico de Sanxenxo (RCNS): un porto dentro de outro porto. Surrealista. O proxecto é levado a cabo por unha entidade puramente privada e con fines enteiramente lucrativos en detrimento de dúas praias municipais. Ante a alarma social creada por semellante aberración para o noso patrimonio natural os veciños optamos por xuntarnos e loitar coas nosas propias forzas contra esta usurpación.

No verán pasado, tras dragar sen ningún tipo de permiso nin consenso un espazo público, como é unha das praias urbanas afectadas; as obras interrumpironse por falla de medidas de seguridade na execución das mesmas, e se reduciu case a metade o número de amarres e polo tanto o perímetro das instalacións. Todo elo grazas a que o pobo puxo o grito no ceo ante semellante barbarie. Pois ben, presentado o recurso contencioso administrativo por parte da Plataforma e por parte do Concello, neste xaneiro o ente público Portos de Galiza concedeu unha prórroga que finalizou o 16 de abril ( reanudaronse o día 20 de xaneiro).

As repercusións ambientais son extremas. Unha praia, a Iriña; tamén coñecida como Os Barcos, é vítima do estancamento de sedimentos, mercurio e combustibles, por suposto, contaminantes. Quedará hermeticamente pechada, co cal as neumáticas de salvamento marítimo non poderán acceder dificultando o auxilio a calquer accidente ( que os haberá, pois o marxe de manobra para a saída e entrada dos iates de 12 metros de eslora que pretenden amarrar nos pantaláns non deixan distancia como para a circulación normal).

Nas fotos nas que poderedes acceder a través do blog comprobaredes que ten un calado case nulo para embarcacións de tales dimensións, máxime cando hai marea baixa. Elo implica dragar tanto a area, como todo o conxunto rochoso que bordea as praias (Os Barcos, e a Panadeira), polo tanto, é un crime medioambiental rotundamente ilegal que implica o exterminio da fauna mariña (nela aniñan polbos, centolas, chocos...) e ademais dunha ruptura coa paisaxe.

Entre tanto, A Panadeira, que se coñece por ser unha praia moi segura para as familias que acoden cos nen@s polo recollida que é, e que pese a ser urbana, garda gran distancia respecto a estrada, así como a proximidade que mantén co parque infantil; se verá enormemente mermada.

A instalacións dos pantaláns con todo o que elo supón reduce ao mínimo a distancia entre as embarcacións e a orilla, polo que tendo en conta a lei de Costas que esixe 40 metros entre estas e a zona de baño señalizada con boias, non quedaría sitio para o mais pequeno reduto para os bañistas. Por non falar do preto que os nenos estarían das hélices dos barcos.

A distancia real medida por técnicos especializados sobre base de foto de satélite é de 16,85 a respeito da zona de baño.

A raíz de isto a ADEAC lanzou un informe co seu correspondente comunicado na prensa prohibindo o baño na praia da Panadeira se a obra non se detén, ademais de perder a posibilidade de volver a obter o galardón de bandeira azul.

O proxecto constitúe unha nova e diferente instalación respecto ao actual porto, xestionada por outra entidade co seu propio suministro de auga e luz, e cunha concesión de 25 anos prorrogables. Vulnera absolutamente a lei que prohibe o establecemento de instalacións non desmontables ( artigo 87º do Plano de Ordenación do Litoral de Galicia, POL, Decreto 20/2011, del 10 de Febreiro) de carácter vinculante e de vixencia indefinida. Pero como "Don" Pedro Campos Calvo-Sotelo parece vivir por encima do ben e do mal, aínda ten a desvergonza de admitir que son "instalacións e non unha ampliación dun xa existente, xa que estas constitúen outro porto deportivo distinto", como tamén asevera J. J. Durán, presidente non eleito de Portos de Galiza (organismo autonómico supeditado o goberno do PP, que impera na Galiza).

Ademais de isto, A Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, dita que fronte a construción de novas instalacións prevalece fomentar os fóndeos: "Para minorar as afectacións da lámina de auga fomentando a ordenación de fóndeos e a instalación de mariñas secas e, así mesmo, considerase a protección do patrimonio natural e cultural costeiro, incluíndo o patrimonio arqueolóxico subacuático" (Decreto 19/2011, de 10 de febreiro).

Incumpre tamén o Plan de Usos do porto de Sanxenxo, que determina que zoas están destinadas para a ampliación de instalacións náutico-recreativas e cales no, e o Plan Especial de Usos, aínda mais estrito. Claramente, Portos de Galiza ha concedido unha licenza ilegal ao RCNS por intereses particulares e amiguismos. Xosé Juan Durán saltase a lei, e por suposto a obra está pendente de resolución xudicial.

O carácter non desmontable da obra quedou claro polas 6 bases de pilotes que fican no fondo subacuático despois de que foran cortados ante a imposibilidade de retiralos completamente. Todo elo pese a orde pública de J. J. Durán respecto a extracción dos pilotes ( pilares que suxeitan lateralmente os pantaláns), e que responsabilizamos no último termino do atentado medioambiental e para a seguridade cidadán que supón sufrir dentro da zona de baño 5 metros de ferro e imprimación de brea enterrados hasta o punto de non deixar o alcance de calquera superficie cortante (recordemos que son 6 pilotes).

Nos dispomos de probas audiovisuais e gráficas que aportamos a Garda Civil e o SEPRONA, ademais da declaración do propio xerente do RCNS ante un dos membros de "SOS Panadeira". Por si se nos ocorría denunciar semellante fecharía, a directiva do RCNS, co gallo de encubrir tan flagrante aberración, ademais de desmentilo en prensa, ordenou cubrir tales restos con area foránea sen analizar, traída o día seguinte, mediante a mesma embarcación ("Real Madrid 2") que utilizou para a extracción dos pilotes cortados. Se trata dun barco destinado o traballo nas bateas, para mais inri.

Os veciños tratamos de deter as obras, a través de activismo a píe de rúa (concentracións, manifestacións, reunións, contacto cos medios de comunicación como TVG, Vtelevisión, Canal Rias Baixas, TVE1, La Sexta, Telecinco, Antena 3... ademais da prensa escrita) e da vixilancia do porto para poder deter os traballos que sen dubida desatáronse con gran celeridade parando camións sen mais recursos que os nosos corpos, ata que nunha mañán e baixo o mandato do xuíz, apareceron 6 patrullas da Garda Civil co fin de desaloxar da vía pública pola forza.

Pedro Campos conta na prensa "... que no confundan amabilidade con debilidade". E eu me pregunto a que se refire con amabilidade. A forma que un dos socios do RCNS e compañeiro de batallas desde fai anos de Campos, agarroume polos brazos intentando tirarme amablemente o chan?. Ou a amabilidade co que un dos seus opositores a obra, dous dos seus empregados mais "sacrificados" pola causa trataron de arroxarme o mar dende o pantalán cando este membro de SOS Panadeira chegou alí tan solo con actitude dialogante?. O a amabilidade coa que na mañán en que volveron traer camións, esta escoria inhumana contratou a catro sicarios que golpearon a un home e unha muller de SOS Panadeira antes das sete da mañán, cando acudiran a praia e comprobaran que a valaran por completo?. Pero non as vítimas son eles, por suposto.

Pero o currículo de Pedro Campos (amigo del rei, irmán do xefe de Inspección Provincial de Pontevedra, familia directa de un Inspector de Hacienda, etc, etc.) non se acaba aquí. Despois disto tivemos unha noticia dunha muller en Extremadura que conseguiu vencer a ese Goliat co seu afán por defender a natureza, concretamente o ecosistema da illa de Valdecañas, opoñéndose os intereses mercantiles privados de varios persoeiros de noso país, e baixo o paraugas de nosos ineptos e parasitos políticos (PP e PSOE) e a monarquía.

Pois ben, a cabeza visible deste Goliat, Pedro Campos, volve a carga tamén nun monte da Siradella, nunha zona protexida pola Red Natura 2000, na que pretende instalar un campo de golf arrasando o monte, súa flora e a súa fauna e contra o que se encontrou de fronte cunha plataforma de veciños do Grove na loita por protexer este enclave natural.

ACTUALMENTE

Portos de Galiza concedeu unha nova prorroga o RCNS o emitir unha nova modificación sustancial do proxecto redirixindo o acceso de forma que prescinde do pilote fincado na praia na area. Os prexuízos seguen estando alí, e aínda que crean que con este cambio tapan bocas, o único que fan e cubrirse as costas usurpando zona de reserva dos mariñeiros que por acordos clandestinos han firmado a favor da obra e en contra da tensión veciñal. De feito, tres pilotes que comprometéronse a retirar en setembro pasado foron talados literalmente, deixando a base a escasa profundidade acuática a intemperie, proba por tanto a dificultade ou deixadez a hora de desmontar o que supoñían era desmontable e certamente non o é.

A historia repítese fai uns meses con tres pilotes mais, concretamente os mais cércanos a area. O único que lograron extraer "completamente" foi o fincado na praia municipal. Iso si, non sen antes deixar uns cantos restos e anacos de revestimento (brea) na area removida por unha pa que efectuaba os traballos sen ningún tipo de contemplación...( os restos non so permanecen enterrados, senón que tamén flotando nas augas mais próximas a beira). A operación durou tres horas e nas que o pilote foi rasgado repetidas veces ante a práctica imposibilidade de levantalo. Toda está triste chapuza foi informada e documentada ante o SEPRONA (pedimos repetidas patrullas para que acudisen o lugar dos feitos e NUNCA enviaron patrulla algunha), e denunciada ante os medios.

Comprobamos unha vez mais, este trato parcial e discriminatorio por parte das forzas e corpos do estado cando no noso empeño de evitar que o pilote da praia fose cortado tamén, a Garda Civil se persoa alí coa orde por parte da Subdelegación do Goberno de desaloxarnos sen documento por escrito que nos aclare e certifique. Obviamente non nos movemos sen dicho documento.

Neste ultimo mes fomos testemuñas da total indignación e desamparo de como proceden a formigonar a rampa de acceso a terra sen ningún tipo de medida de seguridade de contención de vertidos que van o mar. Pero non era desmontable?.

Existe un auto por parte dun xuíz que dita PROTECCIÓN para a continuidade das obras. Unha obra que é a todas luces ILEGAL. Entón estamos falando dun maxistrado que defende a ilegalidade? Está claro.

OBRA PENDENTE DE XUIZO

Na fecha en que se ia celebrar o xuízo, o 31 de abril, pero tendo en conta a evidencia do ilegal e o risco dun resultado desfavorable o RCNS; Pedro Campos veu a escusa perfecta para adialo para despois do verán coa acumulación das demandas por parte da Plataforma e o Concello de Sanxenxo (este último por non facer seguidismo dos veciños e dos intereses paralelos presentou a súa noutro Xulgado). Con elo o RCNS permítese o luxo de seguir construíndo como para cumprir unha nova prorroga e poder vender ou alugar amarres durante a época estival. Logo, se hai que tiralo abaixo, paga o pobo a indemnización que se lle pediría a Portos de Galiza, así que falando pronto e mal "se la trae al pairo".

Ademais, lonxe de intentar unha paralización cautelar, a propia alcaldía fai oídos xordos o clamor duns poucos veciños, mentres a obra segue.

Un bo surtido de insultos por parte dos traballadores do RCNS, a pasividade dun pobo, a inoperancía dunha corporación municipal e o abuso dunha policía é todo canto recibimos os integrantes desta plataforma. Nos queda a opinión pública, como xa comentei. Por iso necesitamos unha maior repercusión posible a fin de que a xente se entere dunha vez por todas de que a falla de escrúpulos de todos estes axentes do capitalismo neoliberal o que renden pleitesía os órganos do poder e da monarquía neste país inundan nosa sociedade, somenten o noso pobo e usurpan nosos espazos verdes.

Constatamos fai días nosa sospeita de que en verdade a alcaldía ( sendo como é, do mesmo partido que a do ente autonómico Portos de Galiza e que este a un ano de deixar o posto para estar pendente de algún cargo honorífico con soldo vitalicio a volta da esquina) exercía unha dobre cara utilizándonos para facer o traballo sucio. Nos estiveron enganando dende o principio para, pasadas as europeas, correr de novo nos brazos do Team Campos.

A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea MINTEU cando negou ante a prensa que o RCNS adeudaba 1,8 millóns de euros o Concello (tras confesalo no seu despacho en repetidas ocasións), MINTEU cando fixo pública a destitución de Pedro Campos como membro de Nauta (empresa mixta do Concello que xestiona os pantaláns xa existentes no porto deportivo e nos que sobran amarres) para quedar ben ante os ollos dos paisanos (ela sabía que os estatutos de Nauta prohibían ese tipo de decisións), MINTEU cando ocultou a Plataforma o informe de ADEAC que dita que a praia da Panadeira quedaría inutilizada para o baño, MINTEU cando negou ter concedido os boletíns para o suministro de electricidade e o acopio de auga por medio dunha subcontrata (Espina e Delfín) do propio Concello (para unha obra desmontable?????).

Dende fai moitos meses intentamos facer chegar a prensa dixital e escrita, tv, parlamento europeo, grupos políticos de esquerda, e o certo é que o apoio foi mínimo.

A Garda Civil recibiu ordenes de velar pola continuidade das obras e fan a vista gorda ante irregularidades mediambientais e para a seguridade cidadán, néganse a darnos por escrito as ordes que determinan que non podemos permanecer nos nosos propios espazos públicos, desaloxándonos da praia (menores incluídos) e permitindo o acceso de máquina pesada sen autorización. Non chega inspección de traballo pese a nosas protestas e reclamos por diferentes vías. Todo queda polo medio do camiño e o que non, se ningunea. Insúltannos, calúmniannos, ameazánnos de morte, golpéannos, perséguennos, ignórannos, acúsanos de vándalos cando o único que facemos e defender un espazo natural que e de todos e de todas. Ningunha forza pode competir contra a moralidade, pero a pisotean.

Fai un mes fíxose pública a decisión de desestimar nosa petición de paralización cautelar por parte dunha xuíza que levará o contencioso tras a tempada estival. A noticia conocímola a través da prensa xa que foi filtrada pola outra parte, pese a que nos puxemos a demanda. Todo perfectamente deseñado para que a o longo do vrao eses amarres véndanse ou alúguense, aínda que a sentenza saia favorable as praias unha vez concluído o xuízo e teñamos orde de derribo (que por suposto pagaremos os cidadáns de nosos petos por facer un ente autonómico exclusivamente recaudatorio quen foi o que dou luz verde a dita construción).

E tan obvio que simplemente desgasta, pero no nos réndemos. Nós podemos.

Agradecemos enormemente a atención prestada e os invitamos a poñerse o corrente de toda esta loita desigual dando conta das gravacións realizadas in situ e da documentación gráfica dos momentos mais críticos a pesar dos medios paupérrimos dos que dispoñemos visitando o noso blog:

http://sospanadeira.blogspot.com.es/

Estamos a vosa disposición a través das redes sociais
https://www.facebook.com/sos.panadeira

Plataforma SOS Panadeira celebra o día 12 de agosto de 2014 unha concentración para pedir unhas praias libres de pantaláns e que podamos defender as nosas praias e nosos espazos públicos do abuso e da corrupción de xentes que queren acabar co público e coas praias.

Acude a Concentración na Praia da Panadeira non deixes que dúas praias morran por uns intereses privados, son dúas praias urbanas que debemos defender e loitar por elas.

Non faltes te estamos esperando, non podes faltar, elas ben o merecen


Máis Información en Abordaxe sobre esta loita veciñal

No hay comentarios:

Publicar un comentario