Recollemos esta información do blogue Instinto Salvaje:
Agora vimos de saber que en xoves 31 de xullo ás 17:00 na cidade de Roma, foi de novo detido o compa Xavier. Esta detención foi realizada por axentes da DCPP (Direzione centrale della polizia dei prevenzione) e da DIGOS (Divisione Investigazioni Generali e Operazioni Speciali). A detención produciuse en virtude da Orde Europea de Detención e entrega (OEDE) do 11 de marzo de 2014 emitida polo Xulgado de Instrución número un da Audiencia Nacional.
Xavier é acusado de participar en accións de kale borroka e pola súa posible participación ou "militancia" no colectivo Bandera Negra. De acordo aos sinalado polo ministro do interior de España: Acúsaselle dun delito de pertenza a grupo terrorista, depósito de substancias explosivas e municións, así como enaltecemento do terrorismo.
A Xavier, nascido en Bilbo hai 39 anos, se lle acusa de ter participado en diversos grupos anarquistas e accións directas contra simbolos e institucións. En 1992 foi acusado xunto ao seu irmán Igor (en prisión pola súa suposta militancia con ETA) na queima de dous vehículos. En 1993, é detido pola loita na rúa e accións como o ataque a un concesionario de vehículos da marca Renault, e agresións a membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. No 2012, mentres se realizaba un desaloxo dunha ocupación, o compañeiro resístese e acúsaselle de ferir a un axente policial. Finalmente no 2013 iníciase a causa da súa suposta participación no colectivo "Bandera Negra".
Facemos un chamado a solidarizar co compañeiro Xavier González Sola, Francisco Solar, Mónica Caballero, Gabriel Pombo dá Silva e con todxs xs compañeirxs encarceradxs pola súa loita antiautoritaria.
Facemos un chamamento a solidarizar das máis diversas maneiras con todxs xs presxs anarquistas, nihilistas e antiautoritarixs do mundo.
Información en Abordaxe do caso "Os 5 de Sabadell"
Información sobre Damien Camélio
No hay comentarios:
Publicar un comentario