Colamos a información do Diario "El Retroceso":
Montserrat Neira falaranos da repercusión que ten para moitas mulleres explotadas ter que cargar co estigma de "prostituta" imposto polos voceiros da moral cristiá e, tamén, por críticas maniqueistas e abolicionistas. Así mesmo, relatará a hipocrisía das políticas de rescate estatais, o paternalismo con que son tratadas, a violencia das institucións retratada nas ordenanzas que penan á prostitución con cuantiosas multas económicas e no papel represor da policía que acosa ás prostitutas de barrio mentres custodia as casas de políticos que pernoctan con outras, pero iso si: "de luxo".
En definitiva, as consecuencias derivadas dunha vulneración preocupante dos dereitos fundamentais que lle asisten a estas mulleres, non só por exercer este traballo, senón polo mero feito de seren seres humanos.
A palestra terá lugar no local do Ateneo Libertario A Engrenaxe (r/ Río Sil nº 52, local 2), o 12 de agosto, ás 20:30 h
No hay comentarios:
Publicar un comentario