Que vivan os fanzines!!
Xa está disponible o Nº3 de "Besos y Bombas". Dende Abordaxe recomendamos unha vez máis a súa letura e difusón.
Podes descargar o fanzine na nosa sección "Publicacións Amigas" e na seguinte ligazón:
PORTADA
CONTIDO
Este fanzine está realizado polo compa do blogue "Rebelión de las Palabras", que o presenta así no seu blogue:
Xa está listo o terceiro número deste o meu humilde fanzine, tras unha espera máis longa que a do número anterior.
Neste fanzine incluín novas reflexións e textos, buscando a crítica e a autocrítica, así como tamén outros materiais que intentan contribuír á desmontaxe deste mundo, a posta ao descuberto das súas contradicións e o ataque ao seu núcleo, eficaz e atinado. Tamén, en certo modo, achega un anaco de min (aínda que poida soar ridículo).
Unha vez máis, sentirvos libres de descargar, fotocopiar, difundir, etc. sexa a través de Internet ou na rúa, aínda que eu quero recalcar unha vez máis que prefiro o intercambio de man en man e de persoa a persoa antes que a circulación fría e automatizada por Internet, pero bon, que non vos cortedes se queredes rularlo pola rede. Toda difusión se agradece.
Este número, a pesar de que aparentemente non garda relación, vai dedicado á memoria de Gustavo "Gavioto", preso en loita morto recentemente no Centro Penitenciario de A Lama, presuntamente por sobredose de pastillas. Que a terra che sexa leve.
9 jul 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario