Que pasa cando en lugar de pugnar por lograr ser verdadeiramente molestxs ao inimigo nos enfrascamos en pelexas persoais, polémicas non construtivas e traizóns entre xs mesmxs revolucionarixs?
Temos falado en Abordaxe a primeiros deste ano das circunstancias que levaran ao encerro ao Carlos e mais as compas canadianas Fallon Poisson e Amelie Pillierst, ao ser acusadas de atacar con PEDRAS e COCTELES MOLOTOV as instalacións da Secretaría de Comunicacións e Transportes (SCT) e unha concesionaria NISSAN. En febreiro publicaramos unhas Cartas de "El Chivo", e hoxe seguimos informando con unha nova carta de Carlos, que recollemos (e traducimos de ContraInfo), se ben antes de colar a súa Carta, quixer convidar a todas as persoas que se achegan a este blogue (e ao decir persoas refirome en exclusiva a xente pensante, non a túzaros armados) a súa leitura pausada porque contén reflexións muito interesantes sobre a solidariedade, a luita e a organización:
Inicio esta carta enviando un sincero saúdo ás compas do exterior destes muros, esperando que nos seus corazóns siga latexando o unísono ritmo da rebeldía e esta se vexa reflectida nas accións cotiás.
A semana anterior recibín con moito agrado un pequeno pero gran detalle que con previo aviso xs compañeirxs me fixeron chegar. No medio da monótona e pesada vida diaria do encerro un espera que "algo" fóra da rutina suceda, é por iso que máis ou menos á hora sinalada fixei a miña vista ao ceo e chegou o saúdo en forma de foguetes. En cada un que tronaba podía sentir os seus saúdos e cariños. Foi imposible velos fisicamente, pero púidenlles sentir tan preto, que de momento me puiden sentir en complicidade coa súa solidariedade-acción, e ata puiden imaxinar os seus rostros sorrintes e travesos, burlándose de calquera posible risco, pois me queda claro que cando un compañeiro ou compañeira é secuestrado polo estado, a loita se estende dende ambos os dous lados -interior e exterior- dos muros, e cada lado, dende as súas posibilidades, se vale de ataques que poden facer mais funcional a devandita loita (aquí aclaro que, falar de ataque, para min non só significa destruír algo material, senón tamén a desobediencia iconoclasta do imposto dentro dun sistema).
Así mesmo, queda claro que cando hai unha detención non é o/a preso/a a/o única/o afectado/a, pois dependendo da dureza do golpe recibido, este se pode estender a outrxs compas que poden pasar a mesma situación, e mesmo máis dura que x mesmx recluídx.
Entón, mentres vía e escoitaba tronar os foguetes, pensaba que me gustaría compartir a alegría que sentín con algúns compañeiros, especificamente Bruja, Tripa, el Skin, Benja e Justine, -sendo os que eu sei-, que dalgunha ou outra forma, quizais están a pasala difícil ao ter sido relacionados co caso 5 X (5 de xaneiro) caso que compete a Amelie, Fallon e a min.
Aproveitando a misiva, envio un grande abrazo aos 5 e a todxs aquelxs que durante o proceso de investigación soportaron cacheos e fustrigamentos, para vostedes toda solidariedade e reiterándolles que aquí non lles esquecemos e sempre os temos presentes ¡Non están sós, non estamos sós!!
No tema organizativo teño que dicir pouco...
-Como revolucionarixs sentimos a necesidade de estar sempre no conflito en todo lugar, onde a dominación busque fixar a súa noxenta presenza, non só no cárcere, senón en todo sitio en que existan relacións de poder e autoritarismo. Para isto non é necesario ser unha masa ardendo en ganas de cambio, eu creo que con pequenos grupos organizados se poden ver resultados satisfactorios, pero... Que pasa cando en lugar de pugnar por lograr ser verdadeiramente molestxs ao inimigo nos enfrascamos en pelexas persoais, polémicas non construtivas e traizóns entre xs mesmxs revolucionarixs?, pois o resultado é obvio, división, non soamente entre grupos, senón entre compas afíns, ruptura de proxectos, insolidariedade dunhas a outros, sae a relucir o/a "xuíz" que algunhas levan dentro e se empezan a buscar culpables dentro do movemento, confusión, etc., etc., e máis obvio aínda, é que practicamente facemoslle o xogo do estado ao debilitar algo que seguramente ía en crecente aumento.
E é que ninguén busca ser un anxiño e non xerar problemas entre compas -sempre os haberá-, pero si considero necesario atendelxs no seu momento, e se é necesario, pois romper a relación por completo e listo, pero non o facer cando se ten a soga ao pescozo e con elo minguar o esforzo dxs demais.
Non existe, como o dixen antes a receita máxica para solucionar algo, non obstante considero que a primeira fase do ataque é a consciencia inmediata.
En ocasións asáltame unha pregunta, quizais algo parva, pero sóame lóxica: porqué se nos dicimos moi contestatarixs e non calamos ante as inxustizas, por que si o facemos entre xs compañeirxs?, que quede na consciencia de cada quen, pero ante situacións desta magnitude, hai moitas cousas por facer, a reestruturación sempre é posible e os proxectos volven saír adiante.
É por iso que eu sigo apostando pola informalidade como organización concretamente anarquista, e é mediante tensións, debates e afondamentos (de caracter persoal e de problemáticas sociais) como identificamos ás nosas afinidades, é dicir, ás persoas con quen obteremos o coñecemento mutuo e seguramente concretaremos algún/algúns proxectos. Eu vexo bastante complicado concretar algo con quen non se ten afinidade. Preguntábame unha amiga nalgunha ocasión, e como se mide a afinidade? Respondinlle que a maior afondamento e coñecemento mutuo, maior confianza, maiores accións xuntxs e asi, maior afinidade.
Aproveito por ultimo para enviar un fraternal saúdo á banda de Mexicali, polo apoio recibido e ¡Fierro Cabróns!!
De momento é todo, esperando estar en contacto con varixs de vostedes (que máis quixese que con todxs, pero non se pode) e mando bicos e abrazos a todxs.
Guerra Social por Sempre!!!
Vivamos a Anarquía!!!
Nota.- A introducción do artigo e a traducción é obra de Tancredo Tantonto para Abordaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario