10 jul 2014

1° de Maio do dous mil e pico nalgún canto do planeta...

Recollemos do portal do Grupo Anarco-Comunista


Traballadores, desocupados, estudantes, cidadáns, e autómatas en xeral:

Confiamos plenamente nos nosos políticos e nos nosos sindicalistas. Os nosos problemas son os seus. As nosas preocupacións, os nosos temores son os mesmos que os dos ricos. Por iso un día como hoxe 1º de Maio, día da harmonía mundial e eterna entre as clases sociais manifestámoslles noso respaldo, todo o noso alento.

Traballaremos máis duro para saír da crise, sacrificarémonos aínda máis. Aceptamos as reformas laborais que sexan necesarias... e o que sexa, din os economistas que é necesario e eles son os expertos. Nunca máis volveremos desconfiar do exército que pon orde e salva vidas en Haití e non sabemos onde máis.

Vivan os fiscais e os xuíces que condenan a prisión a traballadores, manifestantes e insumisos porque sen eles isto sería unha anarquía!

Canalizaremos as nosas reivindicacións, sempre excesivas, a través dos compañeiros profesionais do sindicalismo. E se non hai traballo aquí, emigraremos onde digan.

Renunciaremos ao noso subsidio familiar (se o temos) porque non nolo merecemos e mellor é que se gaste nun portaavións que asuste aos ingleses e nos festexos patrios.

Amaremos o noso traballo como a nós mesmos. Xamais máis volveremos golpear un policía e pediremos que os militares veñan a poñer orde.

Amaremos a Deus e os ricos por sobre todas as cousas.

Grazas pola súa atención. Volvan aos seus fogares.

[É unha mensaxe do Partido Demócrata por unha Democracia Democrática]

No hay comentarios:

Publicar un comentario