25 ago 2013

Entrevista a membros de Conspiración de Células do Lume (Grecia)

Recollemos e traducimos de Contrainfo (AQUÍ) esta esclarecedora entrevista a membros presxs da guerrilla urbana anarquista grega "Conspiración de Células do Lume" realizada polo mencionado portal contrainformativo. É un interesante documento que nos permite achegarnos un pouco ao pensamento anarco-individualista e nihilista bastante popular por esas latitudes. En franca hostilidade non só contra o estado e o Poder senón tamén con calquera outra tendencia do movemento libertario, xs antisociedistas reclámanse a sí mesmxs como "anarquistas de praxe" ou "anarquistas ofensivxs", aínda que compre aclarar que outras tendencias anarquistas gregas consideradas máis "sociais" tamén contribuíron ás guerrillas urbanas, como é o caso de "Loita Revolucionaria" (texto dos seus membrxs AQUÍ). Aquí deixámosvos as reflexións das CCL:

Pequena entrevista da rede tradutora de contrainformación Contra Información cxs membros da Conspiración de Células do Lume


Dez compas actualmente encarceladxs en Grecia
Abril de 2013



Cales son, para vós, as formas máis sinxelas de expresión da solidariedade anarquista cxs prisioneirxs da guerra social?

Como xa dixemos, a prisión non é o monumento á derrota para un/a anarquista senón unha parada no camiño, onde cada compa coñece mellor, tanto ao seu inimigo coma a si mesmo.

A solidariedade anarquista rompe o muro da soidade e o illamento e dános forza interior fronte aos nosos carcereiros. Cando a solidariedade é auténtica, entón non se pode nin medir nin xerarquizar as súas formas.

Lonxe dos especialistas da solidariedade que a converten nunha farsa xocosa do humanismo e victimización mutilando todas as nosas características combativas, a solidariedade anarquista non se axusta nin a normas nin a receitas infalibles. O esencial da solidariedade é a continuación e agudización da ofensiva anarquista con todos os medios -dende un sacrílego e agresivo póster ata unha acción con bombas ou disparos contra os órganos do existente.

A solidariedade transmite a mensaxe sólida de que todo segue e, como xa dixeron outrxs compas antes que nós: "a solidariedade entre anarquistas non é só palabras... ".

Por qué contribuídes con todas as vosas forzas dende dentro de prisión á difusión das ideas e publicacións anarquistas?

Dado que a condición de cativerio nos impuxo moitas restricións e nos privou igualmente de moitas posibilidades para actuar ofensivamente como gustaríanos a nós, demos prioridade á difusión do discurso anarquista ofensivo, que segundo a súa forma e contido pode facerse tan cortante como un coitelo afiado.

Dado que tras os nosos arrestos caeron as máscaras, temos a oportunidade de proxectar e falar sobre o ataque directo e con todos os medios contra o existente, ao asumir a responsabilidade da nosa participación no grupo anarquista de acción directa Conspiración de Células do Lume.

Así, abrimos un diálogo vivo con todxs aquelxs compas que actúa ofensivamente contra a dominación. Consideramos que, deste xeito e a pesar das limitacións ás que nos enfrontamos como presxs en mans do Poder, contribuímos a moldear unha fronte ofensiva da internacional negra de lxs anarquistas de praxe.

A nosa contribución a algo así lévanos un "paso" máis preto da liberdade, dado que nos escapamos imaxinariamente, e a nosa mente e corazón acompañan cada ataque de acción directa contra a civilización do Poder. Así, sentímonos máis vivxs, máis vigorosxs e máis fortes, posto que o noso ánimo se reforza ao pensar que as cadeas do cativerio non poden reprimir o impulso da nosa alma insurrecta.

Esta é a razón pola que contribuímos con todas as nosas forzas á difusión das ideas e publicacións anarquistas.

Cal é a vosa postura en relación coa práctica da okupación?

As okupas sempre constituíron un medio para a insurrección anarquista. Lxs compas, ao okupar un edificio na metrópole, basicamente, liberan un dos seus puntos e abolen a uniformidade militar da planificación urbanística. Unha okupa pode ser un punto hostil contra a dominación da mercadoría, da publicidade, do espectáculo. Constitúe unha zona de guerra contra os fascistas, os madeiros, os cidadáns legalistas. Basicamente, é un punto físico onde se liberan ideas, sentimentos, creatividade e solidariedade. O tempo aquí determínano nosos desexos, non o reloxo das coaccións e as ordes.

Non obstante, unha okupa non é o centro da loita. De feito, a anarquía non ten centros senón só círculos en constante movemento...

Para nós, a okupación é un medio da anarquía, non o obxectivo. Desafortunadamente, algunhas okupas en Grecia autoproclámanse illotes de liberdade e marxinan o resto de formas de acción directa. Así, crean ao seu arredor un aparente oasis de liberdade no deserto metropolitano. Deste xeito, a continuación da existencia dunha okupa convértese nun fin en si mesmo para alguns anarquistas. O resultado é que alguns okupas, ante o posible perigo da represión as suas okupacions, caen en deliberadas reducións do discurso e negociacións reformistas co Estado e os concellos, única e exclusivamente, para salvar o seu edificio.

Hai pouco, no caso do desaloxo de Vila Amalias en Grecia, o partido de esquerdas, Syriza, sacou un comunicado de compaixón e apoio á okupa e ningun/a dxs okupas reaccionou a este feito. Ao contrario, houbo gran tolerancia e aceptación cara aos círculos reformistas que presentan as okupas como centros culturais alternativos. Para nós, unha okupa anarquista é un laboratorio vivo de subversión, rebelión e guerra contra o existente. É un punto de encontró entre compas que se comunica, intercambian pensamentos, organízanse e planifican novos ataques contra o Estado e a súa sociedade.

Unha okupa, pois, non son catro muros no interior dun edificio, nin as súas portas e ventás. Son as persoas que participan nela, os seus desexos, as súas inquietudes, os seus proxectos. Nada disto desaparece co peche ou a demolición dun edificio.

Que opinades sobre se caben ou non "alianzas" con compoñentes de esquerda, no antifascismo?


Para nós, a loita antifascista será anarquista ou non será nada. As diferenzas e os puntos de diverxencia que existen entre os compoñentes anarquistas e esquerdistas son fundamentais en todos os aspectos teóricos e prácticos, por iso, non pódense crear puntos de encontro, senón só puntos de ruptura e desacordos.

A esencia do ataque anarquista está lonxe do derrotismo, a victimización, as denuncias, características que prevalecían en formacións de esquerda. Calquera alianza con este tipo de formacións en nome dunha fronte antifascista o único que pode conseguir é a deliberada redución do discurso e a praxe anarquista.

Para nós, a loita antifascista significa que pasamos xs primeiros ao ataque contra os fascistas, utilizando todos os medios no seu contra, dende puños americanos e coitelos, ata bombas e balas.

A que ten que esperar alguén para pasar á "autodefensa" (ou, dito doutra xeito, á contraviolencia) e ao contraataque?


Cremos que cada persoa conforma por si mismx un universo enteiro. Dende esta óptica, todo é subxectivo. A nosa propia vida é a nosa narración persoal, a través dos nosos ollos. Por iso, non cremos nas condicións obxectivas que asimilan e aceptan a única e exclusiva verdade obxectiva e revolucionaria. Non existe unha realidade senón innumerables. Non aceptamos a produción masiva de conciencias revolucionarias, de experiencias subversivas nin de xestos liberadores. Queimamos os calendarios e sabotamos o tempo obxectivo. Cada un/ha de nós ten o seu "reloxo" interno individual que pode facelo explotar contra o existente.

Non fan falta nin a espera nin o momento máxico do espertar masivo, nin tampouco a demora para que nos sincronicemos coa lentitude dunha multitude que parece adorar as súas cadeas. Pasamos xs primeirxs ao ataque dende o momento en que sentimos a insatisfacción abrumar a nosa existencia. Desertamos da posición de vítima que constantemente defende e lanzámonos ao asalto polo sinfín da anarquía...

Canta importancia ten para vós a proxectualidade da abolición do traballo?

A tiranía do traballo e a súa ética perseguen as nosas vidas. A superación do traballo a través da súa negación é un primeiro paso esencial cara á conquista de nosa autonomía individual. Negámonos a ser unha estatística pasiva máis dentro do proceso produtivo. O traballo asalariado aliénanos da creatividade, a imaxinación e transfórmanos en engrenaxes sen vontade propia da máquina social que devora corpos, sangue, sonos e desexos. Odiamos as ordes dos supervisores e os minuteiros dos reloxos que determinan os xefes. O traballo é o tempo morto da nosa vida que nos mantén presxs baixo as cadeas da rutina. Non obstante, aínda máis insidiosa que a coerción do traballo mesmo é a moral do traballo. O traballo asalariado deixou de ser escravitude e converteuse en dereito, así que as masas de servos voluntarios se entusiasman coas súas propias cadeas.

Ao mesmo tempo, a corrente sociedista burocrática da anarquía atrápase a si mesma en lóxicas obreristas e a santificación do proletariado. Así, esta corrente móstrase covarde e incapaz de defender e promover a práctica anarquista dos atracos a man armada e as expropiacións. A anarquía oficial-civilizada prefire proxectar maneiras de autoxestión da miseria e a opresión a través de unións autónomas de obreiros, en vez de proxectar de modo claro a práctica do atraco e a negación total do traballo.

Para nós, os atracos a man armada dos templos económicos do Poder conforman unha parte integral da nova guerrilla anarquista urbana. Trátase da combinación da liberación individual de a opresión do traballo e da proxección colectiva pola abolición da escravitude asalariada. Non obstante, neste punto tamén hai que estar continuamente espertxs. O atraco a un banco en si mesmo non é máis que un lindo momento de adrenalina. Se o/a atracador/a só nega o traballo, pero ao mesmo tempo mantén dentro de si a cultura dominante, adorando a pasta e atraídx pola manía consumista, entón, a súa acción pode ser ilegalista pero non rexeita a moral social. O atraco, para nós, non é unha acción de enriquecemento doado, senón unha opción consciente para reapropiarse do tempo roubado e liberalo atacando os ídolos falsos do existente. Por iso, as escusas deben ir ao lado, ao igual que os moralismos obreristas e as vacilacións, para iniciar nos círculos anarquistas un verdadeiro debate sobre a insurrección anarquista armada e a abolición do traballo para sempre.

Existen desacordos entre as vosas propias individualidades? É dicir, entre xs membros da Conspiración de Células do Lume? Se é así, como volas arranxades para tomar decisións conxuntas?

A Conspiración de Células do Lume é un grupo de anarcoindividualistas e nihilistas que se encontran sobre desexos, eleccións e accións colectivos. Cada un/ha de nós, individualmente pero tamén todxs juntxs a nivel colectivo, promovemos os valores e as características da nova guerrilla urbana anarquista. Cremos que, a miúdo, as accións falan mellor que as palabras. Ademais, somos persoas que vimos de distintos camiños, distintas experiencias, distintos círculos sociais, pero que nos une o lume da praxe e a constante insurrección existencial da anarquía. A nova guerrilla urbana anarquista é unha elección que non dá marcha atrás. Imos adiante queimando as pontes que nos unen á orde e a tranquilidade do mundo da normalidade.

Claro, mesmo entre nós, nos nosos encontros, nos nosos debates, hai as veces desacordos que explotan, creando novos debates, novos acordos e desacordos. Pero só así vén a evolución, a través das contraposicións e a ruptura. A unanimidade dos acordos en masa conduce á uniformidade que, aparte de ser aburrida, tamén é fascista, dado que afoga as características únicas e especiais da nosa individualidade. A nosa decisión de actuar contra o existente deixa espazo para que os nosos desacordos se expresen creativamente cara á perspectiva da agudización do ataque anarquista e non do xurdimento de personalidades carismáticas que flotan nas augas estancadas da labia asemblearia e a indeterminación. Cos nosos desacordos non queremos convencernos xs uns/has a xs outrxs, senón que desexamos tanto escoitar como falar. Para nós, iso é a comunicación anarquista, é unha forma de expresión sen garantías nin certezas.

Todas as nosas relacións se poñen a proba diariamente para comprobar que paguen a pena e se seguen sendo unha opción que non se sacrifica no altar da rutina. Ademais, a Conspiración de Células do Lume non ten nin un comité central nin unha liña oficial invisible. É o encontro dos nosos desexos, lonxe dos "hai que" dunha unidade forzada. Por iso, cando ás veces un desacordo é máis forte que a perspectiva dun acordo, entón esta se libera creativamente a través dunha iniciativa autónoma. O concepto da iniciativa non só non é prexudicial para a Conspiración senón, ao contrario, renova as nosas relacións cara a unha plenitude total e creativa e a liberdade. É un paso máis cara ao sol da anarquía...

Cal é, para vós, o "punto cardinal" da corrente antisociedista e da batalla mesma contra o existente?

O pensamento anarquista subversivo a miúdo está mutilado pola tiranía de a moralidade social e os dogmas obvios. Fronte a nós, encontramos constantemente o bipolarismo do ben e o mal. No rol do mal aparece o Estado despótico e, no rol do ben e da vítima perpetua, a sociedade oprimida.

Pero, para nós, o Poder non é meramente unha banda reducida de directores, líderes e altos mandos, senón unha relación social difusa.

O Poder existe tanto no canón das armas da policía coma nas ordes do pai dentro dunha familia patriarcal. A autoridade non diferencia entre pequenos e grandes tiranos. Está presente en cada aspecto da vida social, dende o feroz Poder das leis ata o máis simple xesto dentro dunha relación persoal. Por iso, consideramos que a sociedade é o alxube diáfano do Poder.

Non obstante, o mantemento do Poder non se debe só á represión, senón tamén á súa aceptación de moitos.

Por iso, como anarquistas antisociais, queremos destruír a sociedade e a súa moralidade dominante. Cando dicimos "guerra contra a sociedade" non significa a morte masiva senón a morte dos roles sociais. Non obstante, a sociedade de masas é filla do Poder.

A cohesión social constrúese sobre a cultura autoritaria masiva que enxalza os ídolos do espectáculo, fala a lingua da publicidade, incita á segregación racial e crea a multitude solitaria sen rostro. Tal e como se hai escrito sobre as sociedades das metrópoles: "nunca vin as casas dos humanos estar tan preto e, aínda así, os humanos estar tan lonxe os uns dos outros e tan sós".

A anarquía antisocial golpea a pirámide autoritaria da sociedade e promove os círculos anarquistas das comunidades. A comunidade humana, en contraposición á sociedade, promove a comunicación, a creatividade, a imaxinación... A sociedade devora a singularidade do individuo dentro da multitude sen rostro, mentres que a comunidade destaca o compañeirismo colectivo a base do libre encontro das individualidades. É a expresión da vida segundo os desexos e a abolición das regras.


Recollido de "Contrainfo" e subido por C.R.

9 comentarios:

  1. Nunca entenderei o porqué de que os nihilistas agora queren roubar o nome do anarquismo, nihilistas existiron de fai moito, e non son anarquistas nin muito menos nin se definían como tais... tan solo están a roubar a noso traballo de anos... en fin... non sería máis fácil renegar do anarquismo e chamarse nihilistas e liso?? para que non os confundan cos que somos máis sociais e non antisociais

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nunca entenderei porquê há gente que pensa que o anarquismo só é o de seu e negam essa identidade a outras formas de entender a prática anarquista. O de "roubar a noso traballo de anos..." é do melhorinho, nesse senso, do que levo lido em anos. Se bem poida ser que o nosso cometarista anónimo seja a re-encarnaçom dum dos excéntricos chineses do século III dos que fala o livro "Elogio de la anarquía por dos excéntricos chinos del siglo III" ( ver mais em http://www.lamalatesta.net/product_info.php/products_id/3117 ) ou, mesmo ainda melhor, puidera estra re-encarnando ao grande discípulo de Lao-Tsé, Zhuangzi (369-c.286 a.C.) quem desenvolveu as ideias do seu mestre para leva-las à sua conclusom lógica: o anarquismo individualista con frases como esta: "Quando nom havia cabaleiros nem mesnadas que reunir nom cabia fazela guerra... Ainda nom se concebia abusar do poder para se beneficiar a costa doutros. Nom havia desastres nem desmáns. Nom se usavam escudos nem lanças, nem se construiam muralhas nem fosos... A gente comia e divertia-se, nom tinha preocupaçons e vivia contenta".

      Nesse caso calo a minha boquinha para sempre e assumo que o seu trabalho de tantíssimos anos nom pode ser roubado por ninguém (isto nom sei porquê lembra-me à SGAE e outras máfias de autorias e direitos). Em fim...

      Eliminar
    2. É ben certo que xs nihilistas non se definían coma anarquistas, non obstante, tamén é certa a relación que certos nihilismos gardaron dende sempre cxs anarquistas, nutríndose mutuamente ambos pensamentos. O libro "Emisari@s de la nada: historia del nihilismo ruso", aínda que é breve e non profundiza demasiado, ven ben para entender isto (ler/descargar en pdf aquí: http://vivalaanarquia.files.wordpress.com/2010/12/los-emisarios-de-la-nada.pdf).

      É ben sabido que o nihilismo ruso estivo moi envolto na loita incluso armada contra o zarismo e o seu mundo (de feito foi Narodnaia Volia, nihilistas mal etiquetados por moitos coma "de extrema esquerda", o que rematou coa vida do Zar Alejandro II), influenciados, por exemplo e entre moitas outras figuras, polo pensamento de Bakunin que pese a non ser nihilista, ten algunha que outra sentencia que encaixa no pensamento do nihilismo político ruso do século XIX (por exemplo, cando dixo que a destrucción é unha paixón creadora). Polo seu lado, Turgenev, na novela "Padres e Hijos" (1861), definía ós nihilistas así: "Un nihilista es una persona que no se somete ante ninguna autoridad, es aquella que no acepta ningún principio basado en la fe, por más que este principio sea venerado."

      Negar a relación existente entre o pensamento anarquista e o nihilismo é negar unha realidade histórica.

      Moitas compañeiras en Grecia siguen unha tendencia que poderíamos calificar como social, pero outras consideraron que, en vista de que a maioría da xente, incluso fodidas de verdade, só loitan por aspirar a unha certa comodidade neste mundo ou reformalo, e que incluso dentro do anarquismo danse actitudes e dinámicas que dan noxo, non quixeron agardar por ninguén, sen querer perder o tempo con esperanzas que consideran banais de sublevacións masivas, eles asumen a totalidade do conflicto aquí e agora, atacando e cuestionando, na teoría e na praxe, o que consideran que non lles permite ser libres a todos os niveis. Non loitan por ninguén, loitan por sí mesmxs, é un combate polas súas propias vidas, e non rinden contas ante ninguén que non sexan elxs mesmxs e as súas compañeiras. É criticable, sí. Eu gardo moitos puntos de concordancia con elxs e as súas análises parécenme do melloriño e máis actualizado que teño lido, pero teño tamén discordancias, aínda que, tendo en conta o valor co que estxs compañeirxs asumiron asconsecuencias de levar as súas ideas ata as últimas consecuencias, non se me ocurriría cuestionar o seu compromiso nin moito menos acusalos de roubar nada. Neste caso, o nihilismo non pretende usurpar ningún lugar na historia ao anarquismo. En todo caso, mantén diferencias co anarquismo que ti consideras acertado. O anarquismo é, e sempre foi, unha árbore cunha ampla diversidade de ramas, que representaban tendencias distintas, moitas delas complementarias pero outras incompatibles. Por exemplo, o anarquismo que veneraba o desenvolvemento fabril non é compatible coas tendencias anti-desenvolvemento ou coas posicións primitivistas, e o anarco-sindicalismo non e compatible coas posicións insurreccionalistas. Sen embargo, como xa dixo o compañeiro Edu, é moi frecuente que unhas cantas pensedes que posúídes - ou credes posuír, mellor dito - a verdade absoluta do anarquismo, chegando a acusar a outras tendencias discrepantes de roubar o nome do anarquismo. Manda carallo...

      Eliminar
  2. Pois nada... incluso os popes insurrecionalistas dín que estas accións non serven para nada e son totalmente contraproducentes, que se non son entendidas e vistas coma propias pola maioría da xente son perxudiciais.

    Mais nada, a OTAN estará contenta, xa non tenhen que gastar cartos en cousas como GLADIO, xa hai xente que o fai de gratis.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bonanno e compañía pertencen a un eido do anarquismo insurreccional que non se corresponde pra nada coa liña que seguen a CCF ou FAI/FRI, en Grecia e noutras partes do mundo. Iso é ben sabido. Pero... voltamos ao mesmo, non sei se estes "popes insurreccionalistas", coma ti os chamas, teñen a verdade absoluta sobre como debe desenvolver a súa praxe unha individualidade, grupo ou organización de loita armada. A CCF non espera o beneplácito de ninguén máis que de sí mesmxs e daquelxs que pretendan loitar ó seu lado, así que, se cadra, a "aprobación" destes "popes insurreccionalistas" non lles importa demasiado, nin a de ninguén.

      En calquer caso, eses popes insurreccionalistas ós que fas referencia tampouco aprobarían a acción de Loita Revolucionaria, pese a pertencer a un entorno máis "social" e procurar chegar á "maioría da xente" (novamente falamos en termos abstractos), e que de feito non é tan criticada coma os grupos nihilistas. Loita Revolucionaria tiñan siglas, usaba comunicados para reivindicar as accións e levaba unha estructura fixa, tres das cousas que estes popes insurreccionalistas que mencionas adoitan criticar.

      Respecto do da OTAN... en fin. Iso é extrapolable tamén á actividade dos teus "popes insurreccionalistas", ou xa esqueciches o famoso Proceso Marini?...

      Eliminar
    2. O proceso MARINI foi un proceso xudicial no cual se xuzgaron a centos de personas acunsandoas ed pertencer a unha organización que non existía. O GLADIO foron atentados cometidos pola OTAN e firmados en moitos casos por grupos de extrema esquerda e anarquistas, o que probocou que muita xente dixera que non se pode criticar a compañeirxs que deciden loitar contra todo o que nos oprime, esos compañeirxs eran a OTAN, cagate lorito.

      A historia demostra que na Europa occidental, toda luita armada que non sexa tomada coma propia pola maioría de poboación é perxudicial para todo movemento emancipador. RAF:Represión, non conseguiron nada, Angry Brigades:represión, non conseguiron nada, MIL:Represión, non conseguiron nada, Terra Llivre:Represión, non conseguiron nada, Accion Directe: Represión, non conseguiron nada.
      Ou nos volvemos curas con dogmas e tropezamos unha e outra vez coa misma pedra, ou fora de moralismos empezamos a analizar as tácticas máis eficaces, con luita armada ou non, para derribar a este sistema que nos machaca, o resto é só pose.

      Eliminar
    3. A ver amigo, yo no te quito la razón en lo de la red Gladio y en el que hay que tener cuidado con lo que se apoya y lo que no (supongo que la "raya" está en lo que es moralmente reprobable y lo que no lo es). Ahora bien, el decir que todos esos grupos no consiguieron nada salvo represión es cuanto menos torticero. Porque si nos ponemos así podríamos decir: ¿Que consiguió la C.N.T.? Nada, salvo una guerra civil que fue el sumum de la represión. ¿Que consiguió el anarquismo durante tres siglos? Nada, salvo que Zara se forre vendiendo camisetas con sus logotipos ¿Que consiguieron los socialismos (ya sean autoritarios o no) desde su aparición? Nada, salvo que los que mandan mejoren su sistema de dominación hasta hacerselo interiorizar al ciudadano ¿Que han conseguido "los de abajo" en su lucha con los "de arriba"? Nada, salvo perder siempre que han decidido luchar.
      Evidentemente mi razonamiento es falso, tanto como el que tu expones sobre las experiencias de lucha armada. Porque si nos ponemos puntillosos aquí siempre ganan los de siempre, lo que no quita que se pueda seguir intentando derribar el poder.

      Eliminar
    4. A comparación co caso Marini a fixen porque xa que alguén mencionaba que os "popes insurreccionalistas" rexeitaban as accións da CCF e as súas estratexias ou xeitos de afrontar e vivir o conflicto, só quería poñer en evidencia que eles tamén cometeron erros e as súas tácticas tampouco conseguiron nada (pola túa regra de tres) agás de atraer unha represión brutal, neste caso, o Proceso Marini. Quero dicir, eu concordo en que a CCF e o ámbito anarco-nihilista en xeral ten varios erros, moitos dos cales na miña opinión xa son de base, pero non me parece xusto dicir que o Estado utilizará as súas accións para xustificar a represión porque a CCF atenta contra normas e reglamentacións sociais e contra as estructuras que as producen e manteñen, non contra a sociedade coma conxunto de individualidades (isto é algo que tiven a oportunidade de debater cun compa grego de Contrainfo que trouxemos a Madrid dar un par de palestras sobre a situación dxs presxs anarquistas en Grecia, e fíxenlle varias preguntas sobre o tema do nihilismo que tiña pendentes, ainda que tamén o aclaran na entrevita xs propixs compañeirxs). Gladio fai estoupar bombas en plazas cheas de civiles inocentes e logo culpa ós anarquistas ou ós comunistas, pero a CCF ainda non fixo saltar polos aires inocentes, se ben é certo que sempre insisten en que as persoas "inocentes" non existen nesta sociedade na que todas somos cómplices máis ou menos voluntarias, algo no que teño que dicir que estou totalmente dacordo.

      Que a práctica da CCF esté máis ou menos vinculada á realidade dunhas certas loitas sociais, na miña opinión, insisto, ten moitos aspectos criticables, pero tamén ten moitos acertos, e sinalalos case coma "culpables" do rexeitamento da maioría social ó anarquismo, non me parece honesto. A nosa incapacidade de chegar a un certo conxunto de individuos que viven felizmente adaptados a esta sociedade de merda pode ser, en parte, culpa de expresións de raiba mal dirixidas, mal planeadas etcétera, sí, e de feito penso que, en parte, é así, pero tamén é culpa dos nosos propios fracasos, do noso estancamento e dos nosos vicios, dos nosos erros etcétera. Polo menos, eu o vexo así...

      E concordo co comentario de arriba. Non se trata de conseguir ou non conseguir "nada", senón do esforzo que pos nas cousas e da capacidade que ten cada un/ha de nós para contribuir no deseño de estratexias e ferramentas novas para seguir na loita, porque eu non penso que todos eses grupos, así coma moitas outras tendencias e proxectos inxeridos na pluralidade anarquista durante séculos non teñan conseguido nada. Detrás deixaron experiencias, reflexións, pequenas victorias e grandes derrotas. Non quero poñernme filosófico nin intelectual pero ostia, algo falla cando estamos constantemente redundando no mesmo e non creo que sexan só os ataques das nihilistas.

      Saúde.

      Eliminar
  3. Yo no soy quién de decir si son anarquistas o no lo son; si ellos dicen que lo son, pues lo serán, que yo no soy nadie para negarlo. Ahora bien, he de reconocer que me resulta bastante recalcitrante la manía que tienen estos tipos para cargar a sangre y fuego contra cualquiera que no sean ellos mismos. Me resulta bastante molesta su actitud intransigente y su insidiosa manía de identificar como luchadores solo a aquellos que pegan tiros y ponen bombas, mientras que a todos los demás los consideran pusilánimes o lacayos del poder. La "práctica anarquista" no es solo poner bombas, eso solo es un método, que puede ser tan respetable como cualquier otro, pero que está tan al alcance de un anarquista, como de un fascista, un musulmán o un adventista del séptimo cielo.
    Por otra parte, el considerar a la gente normal como poco menos que tu enemigo es una estrategia de, cuanto menos, poco futuro. Está muy bien todo eso de la "lucha a brazo partido contra lo que te oprime" y todo ese rollo filosófico-existencial, pero si no pretendemos hacer nuestra lucha extensible al resto de la sociedad es que estamos negando cualquier posibilidad de victoria.
    Ahora bien, a su rollo, mientras le den caña a quien se la tienen que dar, por mi perfecto. Pero si que resulta algo molesto esa manía de cubrir de mierda a todos aquellos que luchan día a día sin ir por ahí pegando tiros... o incluso a los que pegan tiros pero que no odian a todo el resto de la humanidad.

    ResponderEliminar