20 ago 2013

[EEUU] Ordenan a alimentación forzosa de presos en folga de fame en California

No chamado "País das Liberdades" suceden cousas que en cualquer outra parte do mundo serían tomadas polos medios comerciais como aberrantes e síntoma da falla total de hixiene democrática. pero nos EEUU o tema carcerario ven xa rachando con toda moralidade dende hai ven de anos (Guántanamo é só un caso, as prisións privadas como negocio un outro, e ...).

Agora vimos de saber desta noticia polas axencias comerciais. Cabe dizer que en nengunha caso hai unha crítica à situación e limitanse a falar da medida e mesmo a recoller as declaracións dos partidarios da mesma como se fose un acto de boa fe e de ética médica e apenas dan voz ao avogado de varios folguistas, quen considera que a alimentación forzosa "viola o Direito Internacional e a ética médica xeralmente aceitada" e que "só debería empregarse como derradeiro recurso"(??).

Así tanto Europa Press (EP) como AP dan conta na noticia de que as autoridades din temer polo benestar de case 70 reos que se negaron a comer dende que comenzara a folga en 8 de xullo e doutros 67 que se sumaron a posteriori, en protesta contra as condicións da reclusión en aillamento, en muitos casos durante anos. (ver información do inicio da folga neste mesmo blogue).

Se ben as normas son deixar que os prisioneiros morran de fame se teñen asinado un documento, de cumprimento obrigatorio, que peden que non se lles reanime en caso de unha crise de saude, agora, un xuiz federal de San Francisco, ven de dar, este luns, luz verde a poder alimentar à forza aos reclusos en folga de fame, incluidos aqueles que expresaran o seu desexo de que non se leve a cabo dito proceder.

Pois se isto non bastara, enerve saber que a decisión do xuiz foi tomada despois da petición das autoridades penitenciarias do estado de California quen, no seu recurso, argumentaron que existe "o risco de que os reclusos poida que foran coaccionados a participar na folga de fame" e que asinaran as suas declaracións rexeitando a alimentación artificial contra a sua vontade. (!!!)

Pero para colmo, o Departamento de Correccións e Rehabilitación de California (CDCR) negase a considerar as súas demandas xustas. Ao contrario, as autoridades carcerarias responden con represalias contra os folguistas de fame, máis illamento, aire xeado e confiscacións da comida que compran na cafetaría para gardar nas súas celas - e ata neganlles medicinas.

O que lles fai este sistema criminal a decenas de miles de presos por todo o país -o que esta folga de fame loita para eliminar- é A TORTURA. E ata agora, os esforzos do CDCR para illar e esmagar a folga de fame resultaron na morte dun dos folguistas.

Billy Michael Sell, de 32 anos de idade e coñecido polos seus amigos como "Güero", morreu o 22 de xullo mentres participaba na folga na Unidade de Vivenda de Seguridade (SHU) da Prisión Estatal Corcoran. O CDCR afirma que non estaba de folga e que se suicidou. Pero os outros presos din que Sell estaba de folga de fame e pedira asistencia médica durante varios días antes de morrer. Din que Sell era "unha persoa boa, forte", que "de ningunha forma era propio del" [suicidarse].

As autoridades correccionais - que afirman que estiveron a monitoreando con coidado a saúde dos folguistas, nin sequera lles informaron aos presos mediadores ao respecto, os que só souberon da morte de Sell despois de cinco días, o 27 de xullo.

A pura verdade: Asasinaron a Billy Sell o CDCR e todo este sistema criminal coa súa encarceración en masa e o illamento que constitúe a tortura.

Noticia redactada por eDu con a información das axencias comentadas e da web do partido Comunista Revolucionario dos EEUU (ver acá)

No hay comentarios:

Publicar un comentario