9 jul 2013

Ex-recluso denuncia Torturas no C. P. de Burgos

Segundo informa DiariodeVurgos, Javier Callejo, ex-recluso do centro Penitenciario de Burgos, no pasado venres 5 de xullo de 2013 denunciou públicamente fronte aos Xulgados desta cidade, os maus tratos recebidos entanto estaba encirrado nesa prisión. Callejo declarou ter sofrido a agresión de varios carcereiros estando inmovilizado de pés e mans nunha cama con suxeción mecánica, episodio que lle reportou lesións de por vida.

Con esta protesta Javier Callejo reclama a fin da tortura en prisión e a destitución dos funcionarios implicados na agresión así como a do director do Centro Penitenciario de Burgos.

Provisto dunha saba do propio Centro Penitenciario que lle sirviu para facer públicas a sua denuncia por maus tratos, Javier Callejo prantouse diante dos Xulgados para expresar a calquer que quisiera escuitalo a agresión da que foi vítima na prisión. En declaracións a DV o propio Javier explicou como durante a sua última estancia en prisión fora selvaxemente agredido por varios grupos de funcionarios que o inmovilizaron de pes e maos deixándo-o atado a unha das denominadas camas de suxeción mecánicas onde, segundo relata, continuou sendo agredido. A través deste enlace podese escuitar a sua versión sobre cómo se desenvolveron os feitos

A agresión, na que están implicados atá 15 carcereiros, fora denunciada pontoalmente encontrándose na actualidade en fase de dilixencias previas.

Tras istos feitos Javier denuncia sofrir unha lesión crónica no talón esquerdo o que lle imposibilita camiñar con normalidade tendo que facer uso de muletas dificultando ainda máis se cabe a posibilidade de se incorporar a sua vida cotidiá.

Javier sabe que probablemente ficara coxo de por vida, pero non dubida nem um ápice en denunciar públicamente con toda a enerxía da sua vida truncada polos periplos carcerarios que a tortura é unha práctica habitual nos centros penitenciarios, e que o de Burgos non é nengunha excepción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario