Vimos de saber que entre esas 8 persoas, os media destacan ao exportavoz nacional do BNG e deputado autonómico Francisco Jorquera e a dous concelleiros de A Coruña, César Santiso (EU) e José Manuel Carril (BNG), asín como ao bombeiro que negarase a cortar a cadea, e o dirixente da CIG Coruña Paulo Carril.
Outras 3 persoas máis (das que descoñecemos na altura os seus nomes) estarían a recibir a receita do subdelegado do reino de españa tras ser denunciados pola policía como participantes dunha concentración ilegal, que non fora comunicada previamente, e se lle peden 600€ por cabeza.
Ademáis deste procedimento de sanción contra estas oito persoas, a Comisaría remitirá tres denuncias máis à Fiscalía por un posible delito ao obstaculizar con unha cadea o aceso ao edificio no que se atopaba a vivenda de Aurelia, sob o argumento de que con ela se puña en risco a seguridade da viziñanza dese predio.
Segundo información de "La Voz", os axentes de policía consideran que Jorquera era a cabeza visible daquela concentración e que durante os incidentes o deputado empurrara aos policías e impedira a actuación da comisión que actuaba baixo orden xudicial, o que ven a constituir unha infracción grave tipificada como provocación de reaccións do público que poidan chegar a alterar a seguridade cidadá. Pola sua banda os dois concelleiros son acusados de opoñer resistencia activa.
Asdo. eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario