8 abr 2013

Denuncias de Noelia Cotelo e a sua Nai contra o director da prision de Brieva, carcereiros e o sindicato ACAIP.

Dende AFAPP Galiza (Asamblea de Familiares e Amizades das Persoas Presas), chega a información de como vai a situación de Noe, as denuncias presentadas, as vistas pendentes, os xuizos celebrados, o seu posibel traslado, mais lonxe aínda da sua vivenda familiar, ao CP Albolote (Granada)...

Así, copiamos e colamos e animamos a defundir e seguir denunciando a sua situación mediante o envío de faxes.

Denuncias:

- A Noelia se lle estimaron as denuncias contra os carcereiros de CP Brieva por torturas e lesións pola rotura do pulso, o forense a verá o 17 de abril no xulgado de Ávila.

- Está estimada a visita forense polas lesións e torturas da última malleira en CP Brieva.

- Está en trámite urxente no xulgado de vixilancia a solicitude e queixa pola denegación da autorización da entrada de médico privado.

- Está en trámite a querella contra o director do cárcere por prevaricación como máximo responsable do cumprimento da legalidade no centro penitenciario. Art. 280 R.P.

- Celebráronse dous xuízos por faltas en Valencia por feitos ocorridos no CP Picassent. Noelia negouse a realizalos por Videoconferencia. No primeiro se fixo un escrito de defensa, a sentencia sancionaa a unha pena de multa de 30 días a razón de 3 euros por día. Do segundo non hai coñecemento aínda.

- O 15 de abril prestará declaración en relación coa agresión sufrida en setembro en CP Picassent, pola que interpuxo denuncia contra os carcereiros. Neste caso en calidade de denunciante e imputada.

- Ante citación xudicial, Lola “se afirma y ratifica” na denucia presentada contra o sindicato de carcereiros ACAIP por intoxicación mediática.

- O Valedor do Pobo en Madrid admitiu a trámite a denuncia e comunicou a abertura dunha investigación.

- A Secreria Xeral de Institucions Penintenciarias comunicou o peche da sua investigación tras inspeccionar o penal de Brieva e “non” atopar irregularidades. (Sabemos que tras a súa visita cambiaronse as fenestras do modulo donde se atopa Noelia, asi como se lle cambiou de cela pois a sua tiña a fenestra rota.)

Traslado:

- A Xunta de Tratamento por unanimidade propuxo o traslado a CP Albolote (Granada) segundo lle comunicou o educador a Noelia.

Permanecede atentas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario