A pesar do silencio informativo sobre este protesto colectivo en forma de folga de fame en Guantánamo, saen novas informacións con conta gotas sobre o que vén sucedendo. Así do medio informador.com.mx sacamos a información de que a folga de fame nas celas do cárcere de Guantánamo seguía gañando terreo con 97 reos de 166 sen comer, aínda que cada vez máis detidos son alimentados á forza. Colamos depopis de traducido:
O número de encarcerados en folga de fame segue aumentado día a día dende o seis de febreiro, cando comezou esta protesta. As primeiras cifras facilitadas polas autoridades militares o 11 de marzo sobre esta iniciativa facían referencia a nove folguistas.
Entre os que xaxuaban este venres, 19 -un récord- eran alimentados a través de sondas nasogástricas, dos cales cinco foran hospitalizados, aínda que non estaban en "perigo de morte", precisou o voceiro no seu comunicado diario.
"Os detidos teñen dereito a protestar. Non obstante, a nosa misión é darlles un ambiente san, humano e seguro e non deixaremos que os nosos prisioneiros morran de fame", agregou o voceiro militar, cando unha polémica sacode a prisión: débese alimentar pola forza aos reos en folga de fame?
Para o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICV), que acaba de enviar un equipo a Guantánamo, "é un tema de desacordo con EEUU".
O CICV e outras organizacións defensoras dos dereitos humanos prohiben a alimentación forzada, que consideran "contraria aos criterios éticos profesionais e médicos vixentes" a nivel internacional.
Nun recente informe, a organización Constitution Project considera que esta práctica é "unha forma de abuso á que hai que poñer fin".
"Se alguén mentalmente san expresa a súa decisión de non ser alimentado nin hidratado, o persoal médico ten a obriga ética de acceder ao seu desexo", declarou o doutor Vincent Lacopino, experto da organización Médicos polos Dereitos Humanos.
"Nese contexto, alimentar unha persoa pola forza non só é un violación ética, senón que pode ser tamén comparado á tortura ou a malos tratos", dixo ao rotativo Miami Herald.
Os avogados dos presos sosteñen que dende o comezo da protesta uns 130 seguen a folga de fame pola súa detención ilimitada dende hai once anos, sen formulación de cargos nin xuízo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario