Achegamos o texto e as actividades previstas para manhán venres 15 e pasado sábado 16 dentro da campaña: “Na Defensa das Persoas, contra a Unión Europea do Capital” que convoca unha serie de colectivos e persoas de Vigo, e que nos fixeron chegar para a sua publicación e difusión:
O calendario de actividades para esta semana:
:: VENRES 15 MARZO ÁS 20:30h - PROXECCIÓNS no CSO “Xuntas” (r/ do Carmen 3):
-“Os negocios de Bruselas”. O documental desentraña a influenza que exercen os 2.500 lobbies das grandes multinacionais e poderes financeiros, concentrados arrededor do epicentro do poder político e económico, que é Bruselas.
-“Utopía no Horizonte”. Sobre a acampada de miles de persoas no 2011 na Praza Syntagma de Atenas, contra a austeridade imposta por europa e as corruptas élites económicas e políticas locais.
:: SÁBADO 16 MARZO - ACTO DE RÚA ÁS 18:30h na rúa Príncipe diante do MARCO
CAMIÑANDO POLA “VÍA” DA AUSTERIDADE, CARA AO POZO DA EURO-MISERIA ECONÓMICA, POLÍTICA E SOCIAL.
Para leer o texto, clicade acá
O 15 de marzo remata en Bruxelas a primeira fase do Semestre Europeo 2013. Nestes encontros avalíase a aplicación das medidas acordadas e o axuste dos estados aos programas de Estabilidade e Converxencia impostos; e o máis importante, coordínanse as políticas económicas, orzamentarias e de emprego dos estados membros para os seguintes seis meses.
Pero fronte ás súas avaliacións e estratexias, nós temos as nosas.
Non esquecemos que o novo nome de Unión Europea responde a unha realidade nacida no ano 1957 como “Comunidade Económica Europea”.
Conformouse no ano 85 o Mercado Único, e a CEE pasou a ser a Comunidade Europea. Oito anos despois entraría en vigor o Tratado de Maastricht, co que nacería o euro e a Unión Europea, aprobándose no 2002 a Axenda de Lisboa co obxectivo de convertela no espazo máis competitivo do mundo no 2010.
Finalmente, destaca no proceso constituínte da UE o tratado de Lisboa. Nel recóllense como principais obxectivos a competitividade e o crecemento económico. Nesta liña, servizos públicos como a atención sanitaria, educación, o abastecemento de auga potábel, o transporte colectivo, o correo, ou as atencións sociais ás persoas maiores quedan suxeitos ás normas da competencia, coa intención final de que se vaian convertendo en negocios mercantís xestionados por multinacionais.
No eido laboral, pretende unha “transición fluída dos cidadáns entre diferentes empregos”, para o que a educación debe estar orientada a “aumentar a empregabilidade” das persoas, mediante a estratexia da “flexiseguridade”. En definitiva, exacerbar a flexibilización do mercado laboral.
Apostábase pola liberalización do mercado enerxético, por unha unificación á baixa dos dereitos sociais a nivel europeo, polo fortalecemento das fronteiras, etc.
Temos claro, polo tanto, que a Unión Europea non é, pero é que ademais non foi nunca, un proxecto social. E que as políticas que agora se están a aplicar, baixo a estratexia do shock da “crise”, hai moito tempo que están programadas e non responden a medidas tomadas de urxencia para sair dunha situación imprevista.
Valoramos, en consecuencia, as políticas da Unión Europea e a propia Unión en si mesma como a verdadeira ameaza da que nos temos que rescatar.
Iso si, sen esquecer, tal e como xa se recollía nun texto contra a UE do ano 2010 “que a Unión Europea non é a verdadeira raíz dos nosos problemas, senón a súa consecuencia máis actual. Limitarse a criticar as súas políticas neoliberais e os seus excesos é pois, ignorar que o Capitalismo é xa, en si, o exceso realizado. Podemos ter a certeza de que a degradación universal será tanto máis profunda en canto non sexamos capaces de facérmonos cargo das súas causas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario