19 mar 2013

Charlas sobre Anarquismo e prisión en Galiza

Alejandro Forero, membro do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universidad de Barcelona (aquí), impartirá durante a vindeira semana tres charlas en Galiza. Baixo o título de "Imaxinario libertario, movementos anti-carcerarios e represión na España de entre séculos (XIX-XX)" poderedes atopar a charla en:

-Vigo o Sábado 23 de Marzo ás 20h 30' en A Cova dos Ratos (rúa Romil,3) organizada por Campaña Cárcere=Tortura e GAS

-Ourense o Martes 26 de Marzo ás 20h no C.S.O.A. A Kasa Negra (rúa Ponferrada,26)

- A Coruña o Mércores 27 de Marzo ás 18h no C.S.O.A. Palavea (rúa Rio Quintas,31)

"A importancia do imaxinario anarquista da España de entre séculos (XIX-XX) é fundamental para poder entender as raíces dunha crítica profunda e frontal das institucións do encerro. A deslexitimación total do encerro a nivel teórico e o papel práctico de apoio a presos/ás e os seus familiares dende as organizacións anarquistas e os seus "órganos" (xornais, revistas) merecen unha recuperación actualizada para entender a problemática, funcións e xustificación do uso do cárcere como medida de control punitivo". Alejandro Forero

1 comentario:

  1. En Vigo ás20:30h.
    http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com.es/2013/03/charla-imaxinario-libertario-movementos.html

    ResponderEliminar