Recibimos na nosa caixa de correos, copiamos e colamos tal cal, esta breve crónica redactada por o compa do blogue VozcomoArma tras a Concentración que tivo lugar en Compos onte (xoves 21) pola mañá en solidaridade con Noelia Cotelo e coas demais persoas presas, así como tamén en solidaridade con Charo Lopes:
Un modesto número de persoas solidarias concentrámonos hoxe na praza do Toural de Santiago de Compostela respostando á fugaz convocatoria de solidaridade con Noelia Cotelo e as demais persoas presas e maltratadas da Galiza e do resto do Estado español.
Durante a concentración, na que participaron persoas de distintos colectivos da cidade coma Mugre (Mulheres Galegas Rebeldes e Engraçadas), asamblea feminista recentemente inaugurada, e persoas involucradas na campaña Cárcere = Tortura, repartíronse diferentes modelos de octavilla (tres, ata onde eu sei) que tiveron boa acollida entre xs peatóns e onde se explicaba a situación actual de Noelia e, ademais, facíase referencia tamén ó caso de Charo Lópes, unha moza independentista que afronta agora unha posible condena de 5 anos de prisión pola súa detención con supostos cargos de danos e desordes públicas no marco dunhas protestas contra a
destrucción medioambiental e os plans especulativos do litoral de Massó, en Cangas do Morrazo. Por certo, Charo ten o xuízo o próximo día 2 de abril nos xulgados de Pontevedra. A pesares das miñas diferencias ideolóxicas, toda a miña solidaridade con ela.
Informouse sobre a situación da peña que permanece presa e é torturada impunemente grazas á invisibilidade que proporciona á cruel realidade carcelaria o silencio cómplice dos medios de comunicación, institucións e partidos políticos que consinten estes atropelos á dignidade e integridade desas persoas para perpetuar un sistema inxusto que xera beneficios sementando desigualdades e agochando baixo a alfombra ó resultado das consecuencias destas (marxinalidade, delincuencia, violencia...)
Finalmente, léronse os comunicados repartidos usando un megáfono e disolveuse sen ter que lamentar incidente algún. A policía, de feito, apenas fixo acto de presencia, salvo por un coche da policía local que pasou unhas catro veces polo noso carón maila que non nos inoportunou en ningún momento.
Ademáis, compañeirxs montaron unha mesa con material de difusión (libelos e fanzines con temática anticarcelaria, panfletos etc) que estivo a disposición dxs interesadxs.
Que este pequeno xesto solidario se una a outros espallados polo Estado español e xuntos sirvan de presión para que a Xunta de Tratamento permita finalmente o traslado de Noe a un cárcere galego, onde poida ser visitada con facilidade e frecuencia pola súa familia, amigxs e demáis achegadxs. Que rematen as torturas nos cárceres e os abusos de calquer tipo, porque as presas e os presos tamén teñen dignidade e son persoas (calificativo que a moitos carceleiros sádicos e sen corazón vailles moi grande). Que rematen, por suposto, os tratos vexatorios enfocados especialmente contra
as presas pola súa condición de mulleres, producto dun sistema heteropatriarcal que as fai obxecto dunha violencia particularmente dura, con agresións sexistas que se reproducen de xeito sistemático coma o intento de violación sufrido por Noelia. Que a solidaridade constrúa salvoconductos clandestinos para as voces disidentes dispostas a todo por denunciar no exterior os abusos que se cometen dentro, e que esas voces
rebeldes atopen o eco que precisan para organizarse e poñer fin non só ós cárceres propiamente ditos, senón tamén á sociedade do 4º grado e o seu réxime baseado na morte e a criminalización da pobreza que as súas propias estructuras xeran.
Noelia non está soa. Noelia non estará soa.
Abaixo os muros de todas as cadeas.
Unha outra crónica desta Concentración sae publicada no xornal electrónico Sermos Galiza asinado por Maria Abelleira da que recollemos istos párrafos e a foto:
Concentración solidaria en Compostela pola volta a Galiza da presa Noela Cotelo
Con motivo da inminente revisión da súa condena, unha maré solidaria exixiu a volta a súa terra da rea coruñesa recluída no penal de Brieva, Ávila. Tras dúas folgas de fame consecutivas en protesta polos abusos sexuais que denunciou ter sufrido por parte dun funcionario, que inda traballa no módulo de mulleres en primeiro grado, a saúde de Noelia Cotelo é extremamente fráxil.
Nun manifesto asinado conxuntamente polas organizacións convocantes, os manifestantes denunciaron “a complicidade” coa que médicos e xuíces, afirman, esconden os “maus tratos, torturas e abusos” que sofren @s pres@s no sistema penitenciario do estado español. Exixiron, ademais, pór fin “as vexacións e ataques sexuais” e prohibir a presenza de carceeiros varóns nos módulos de mulleres.
Baixo o lema de que “a pobreza non pode ser castigada coa prisión”, os colectivos de apoio ás persoas presas reivindicaron rematar coa dispersión carceraria, ben como coma pór fin ás reiteradas mortes baixo custodia, amparadas nas “neglixencias médicas” e no “odio e violencia” cos que, parodoxalmente, se pretende levar a cabo a súa reinserción.
Solidariedade con Charo Lopes
Aliás, convócase unha concentración de apoio á independentista galega Charo López que, o 2 de abril ás 12 horas, acudirá aos xulgados de Pontevedra para se enfrontar cunha petición de pena de cárcere de cinco anos por desordes públicos e danos.
22 mar 2013
Breve crónica da concentración en solidaridade con Noelia Cotelo en Compos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
EsCULcA reclama o traslado de Noelia Cotelo a Galiza
ResponderEliminarEn apoio á campaña polo translado de Noelia Cotelo, presa galega que padece dispersión desde hai cinco anos, a un cárcere próximo ao seu lugar de orixe na Galiza, EsCULcA enviou hoxe escrito á Secretaría de Institucións Penitenciarias e á Xunta de Tratamento do penal de Brieva. Quen quixer apoiar esta petición encontrará abaixo modelo de escrito.
http://www.esculca.net/web/node/3561#.UUxYsjeRfCd