Recibimos no correo o seguinte artigo ao que procedemos a dar difusión:
Somatén é unha verba de orixe catalá que evoca un "emitindo son", en relación ao toque de campá que convocaba aos voluntarios para unirse á causa, din os vellos que xa alá polo século XI. Dende a súa creación tivo diferentes funcións: dende resgardar os barcos a salvo de bravos piratas a delatar, e mallar, a franceses infiltrados en territorio catalán pasando por ocuparse da seguridade privada de grandes eiras adicadas á máis selecta uva.
Chegado o século XX é a dereita quen fomenta a adscripción a esta “entidade”. Primo de Rivera insta á formación do Somatén en todas as cidades e vilas onde a conflitividade social está en aumento: son tan válidas as malleiras, ou tiros, como unha boa confidencia e será ben pagada.
Loitadores ilustres como o Francisco Ferrer i Guardia (creador da Escola Moderna en 1901) foron represaliados, e asasinado neste caso, pola veracidade entregada a este corpo. Ferrer i Guardia é condeado a morte no 1909 por un Tribunal Militar en relación cós sucesos da Semana Tráxica de Barcelona. O certo é que Ferrer i Guardia estivera de viaxe de estudos en Alemania, Francia e Bélxica despois da súa estancia en prisión no 1906 (Mateo Morral, traductor e bibliotecario da súa escola tenta asesinar ao rei Alfonso XIII) e pouco ou nada tivera que ver co suceso. É a primeira , e única, versión do Somatén relacionándoo co atentado e dúas folgas a que calibra de forma exacta a escopeta que lle arrinca a vida.
Unha constante en tódolos períodos históricos do Somatén é que nunca foi ben visto polo pobo: o seu salvaxismo, o disparar sempre pola espalda e o estar só ao servizo das clases altas delatábaos en cada acción.
O 23 de Outubro de 1945 é recuperado este corpo abolido polas repúblicas. Movementos na Francia e máxima organización das guerrillas antifranquistas fan da recuperación desta entidade unha máxima para o Réxime. A súa función é a mesma: controlar e repremir aos elementos que poidan alterar a orde con todos os medios. Tiñan o carácter de autoridade e o dereito a armas de balde, actuaban de auxiliares e colaboradores no posto da Guardia Civil máis próximo e atemorizaban á veciñanza sobre as lindezas que lles ocorrería por teren algún tipo de relación coa subversión.
En Trasmiras estaba formado por catorce homes, en Sarreaus contaba con doce membros e en Xinzo, disolto o 30 de Maio de 1977, con dúas ducias do máis reaccionario da vila. O abultado do número de persoas que o forman dá a súa xénese unha importancia superlativa : o fascismo teme que polo seu propio peso non fose quen de manter o status quo e tece unha nova rede civil con tintes aínda máis autoritarios.
As últimas detencións a activistas en Galiza seguen un esquema determinado: detención e nota de prensa facilitada polo Ministerio do Interio aos medios que publican sen cambiar unha coma e posterior aderezo co sensacionalismo máis suxo que se pode atopar, alén de obviar calquera tipo de investigación. Non mencionemos presunción.
A sedación prolongada insuflada polos poderes fácticos na sociedade moderna en forma de falsas necesidades, unha forma de ocio acultural e intereses creados fan que en plena “era da información” o escrito ou lido polo cuarto poder poida dilapidar a vida dunha persoa e merme a capacidade social para recuperar os seus dereitos.
É o Somatén e nunca foi ben visto polo pobo.
Iago Santás López
Colado por C.R. tal e como chegou ao correo, a foto e o título puxémolos nós posto que carecía de ambas as dúas cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario