14 ene 2013

[A Coruña e Compostela] Concentracións protesta/homenaxe 16-17 Xaneiro : Queremos saber como morreu Toni

Convocadas senllas Concentracións de protesta/homenaxe pola morte (ou máis ben asasinato) de Antonio Pallas no cárcere de Teixeiro.

O mércores 16 ás 12:00h na audiencia de A Coruña e o xoves 17 a mesma hora na praza do Toural de Compostela, as dúas concentracións conmemoran o terceiro aniversario da aparición de Antonio aforcado na sua cela. O oscurantismo co que a institución penitenciaria envolveu o caso e a nula predisposición de Antonio ao suicidio (tiña un fillo, entrou na cadea para cumprir unha pena curta e non era a primeira vez que estaba no cárcere) fan aínda máis inverosimil a versión oficial.

¿QUEREMOS SABER COMO MORREU TONI?

ANTONIO PALLAS GARCÍA TIÑA 29 ANOS

Morreu no Centro Penitenciario de Teixeiro,o 16 de xaneiro de 2010, en extrañas circunstancias.

¡¡¡Os feitos ainda seguen sen esclarecer 3 anos despois!!

Convoca: Nais Contra a Impunidade.

Colado por C.R., máis información na páxina de "Nais contra a impunidade" -Aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario