En 10 de decembro unhas 200 persoas concentraranse con os ollos vendados nas escaleiras do Marco de Vigo para reclamar o indulto do seu viziño e amigo David Reboredo. Lá, compas implicados na luta contra os cárceres, defundiron entre asistentes e paseantes este panfleto solidario con David e Noelia (a moza que sofreu unha malleira e tentos de violación por parte de carceleiros do CP Brieva de Ávila, e da que falamos acá e acolá en abordaxe) e que nos fixeron chegar ao noso correo e que colamos e publicamos à ìntegra depois do vídeo realizado por GalizaContraInfo:
SOLIDARIEDADE CON NOELIA E DAVID
A dramática e inxusta sentencia imposta a David evidencia de novo a inxusta xustiza capitalista que exercen sobre nós aqueles que din ser os nosos líderes e nos gobernan.
Condenan a sete anos de prisión a David por vender unha papela fai tres anos. Condenaron a nove anos e medio a José Manuel Jurado por roubar cuatro móviles, un rapaz de 25 anos que, meses despois, aparece morto na súa cela. A súa nai berra desesperada para que se faga xustiza, pero non a inxusta xustiza burguesa. Xustiza de verdade, saber quen foi o culpable, ¿o sistema?, ¿un carcereiro?, ¿a prisión? ¿o xuíz que o encerrou? ¿ou tod@s nós por permitilo? Cada ano morren en prisión centos de persoas e non hai ningunha investigación. ¿Por que tanto silencio? ¿Por que tanta impunidade?.
A David encérrano 3 anos por vender droga, agora que está limpo e axudando a outras persoas aplícanlle esta inxusta sentencia e, aínda por riba, encérrano onde morre xente continuamente de sobredose, cárceres nos que se administra de xeito masivo e descontrolado droga ás persoas presas para que estén tranquilas e non lles dean problemas. ¿Quenes son eles para encerrar á xente e destrozar familias? ¿Que pretenden, que volva a engancharse no cárcere pola desesperación que xera estar longos días sen ningún tipo de actividade? ¿Ou é que o van reinsertar na sociedade enganchándoo á Metadona, sustancia máis aditiva que a Heroína? ¿É esta a famosa reinserción da que tanto falan? A súa xustiza é inxusta e non a queremos. Mentres tanto, o goberno indulta a policías torturadores, policías que torturan mulleres embarazadas e meten pistolas na boca de veciños por ter pinta de “sospeitosos”. ¿Sospeitosos de que?, DE SER POBRES, DE SER POBO. Non queremos a súa inxusta xustiza burguesa.
Falemos de Noelia, veciña de A Coruña, entra na cadea con 20 anos por roubar un coche para subir ao poboado a pillar, cáelle ano e medio. No cárcere a cousa complícase, cun carácter forte deféndese das agresións dos carcereiros, e agora, 5 anos despois, segue en prisión. As últimas novas que temos son da prisión de Ávila, onde establece contacto coa súa nai por teléfono e, mentres lle explica o que acontece alí dentro, aparece unha “funcionaria” berrándolle “ESCORIA HIJA DE PUTA, SUELTA EL TELÉFONO”, insultos escoitados pola súa nai. Tras unha liorta coa carcereira na que lle rompen o pulso intentando quitarlle o teléfono, a pesar de levar só un minuto de comunicación cando lle correspondían cinco, lévana á súa cela e alí átana á cama sen asistencia médica. Esa noite complícase se cadra máis. Mentres durme co pulso roto e atada, aparece un carcereiro na cela e prodúcese un INTENTO DE VIOLACIÓN (tócalle os peitos e demais zonas corporais). Noelia esperta, resístese e berra. O carceriero ponse nervioso e marcha. Agora Noelia denunciou os feitos e a institución castígaa pola súa actitude rebelde, non lle permiten ir ao médico a revisar a fractura no pulso, non lle permiten bañarse con auga quente, e quérena alonxar máis de Galiza levándoa a Granada, destrozando a súa nai que non pode sequera ver á súa filla. Lembremos: roubou un coche para pillar. Esa é a súa reinserción, ó que axudan estes tribunaies e os seus cárceres. Queremos que traian a Noelia a Galiza, preto da súa familia e d@s amig@s para que poida comezar un proceso de sociabilización real, co cariño de todos nós e a comprensión e solidariedade que xamais lle dará a institución carceraria nin os tribunais, e sí o pobo. ¿O taxista ó que lle roubou o coche querería isto para Noelia? Ningunha muller presa debe sufrir malos tratos e violacións.
O pai de David, a nai de Noelia, e tantas nais, pais, irmás e solidari@s son mostra da forza do amor e da verdade. Por riba dos tribunais e das inxustas leis capitalistas están a razón e o sentido común, e este último dinos que algo está moi mal, a xustiza defende ós poderosos e agora, coa excusa da crise, en Andalucía quitáronlles ás persoas presas a posibilidade de recurrir a un avogado de oficio, ¿alguén o entende? Será que as persoas presas están mellor presas que libres.
Prisión, unha das principais ferramentas do Estado para amedrentar á poboación, encarcerar a pobreza e castigar a rebeldía, xera desamparo, illamento, dispersión, marxinalidade, odio, tortura e morte. A reinserción é unha mentira máis, as novas da prensa sobre o ben que viven @s pres@s, un lavado de cara. Falta de recursos para desenvolver talleres, falta de persoal para tratamentos axeitados, amoreamento, pres@s sen escolarizar pola falta de profesores, e falta de transparencia: mortes, torturas e malos tratos continuados son silenciados en celas de illamento baixo a calor das súas porras e as súas camas de suxeición mecánica.
Incumpren as súas leis continuamente e a nós nolas aplican con dureza, enferm@s terminais morren desatendid@s nas celas, enferm@s mentais pasan longos anos en illamento, 20 horas ó día encerrados entre paredes de 2m x 3m, ¿é iso reinserción? No primeiro caso, ¿como pode ser que por traficar ou consumir drogas recluan e deixen morrer a alguén nunha cela, cando as farmacéuticas e o goberno trafican millóns de euros en drogas legais e ilegais? Esa é a humanidade da democracia, puro castigo e negocio. No segundo caso, todo o mundo sabe que os cárceres non son o lugar axeitado para ningún tipo de terapia, entón ¿por que están aí estes enfermos? ¿Por que existen os cárceres se non son quen de axudar nin ás vítimas nin ás persoas que delinquiron (ou, como din os tribunais, “mostraron ou desenvolveron conducta anti-social”).
Recuperemos o sentimento de pobo, recuperemos as nosas sinais de identidade, defendámonos do encerro e das agresións que sufrimos nós e as nosas irmás e fillas que apodrecen en cárceres horribeis.
Queremos ser nós os que solucionemos os nosos problemas, non queremos que xuices que viven nunha burbulla e fora da realidade encerren á nosa xente, non cremos na súa xustiza, a historia, o tempo e os feitos dannos a razón, o sistema está podre e hai que desfacerse de el para poder crear algo novo, algo que verdadeiramente nos axude e se basee na cooperación, na axuda mutua, o respeto e a solidariedade entre irmáns e irmás.
Somos pueblo, y queremos ser nosotros quienes nos hagamos cargo de nuestros problemas.
LIBERDADE INMEDIATA PARA DAVID. BASTA DE AGRESIÓNS E MALOS TRATOS A NOELIA
OS CÁRCERES NON SON A SOLUCIÓN, SON PARTE DO PROBLEMA
SOLIDARIEDADE CON TODAS AS PERSOAS PRESAS QUE LOITAN PARA DENUNCIAR ESTA BARBARIE
Asamblea de Familiares e Achegados das Persoas Presas
noestansolxs@gmail.com
Ademais facilitamos para quen quixer esta ligación para asinar pola petición de indulto criada polo pai de David Reboredo (neste momento van mais de 61000 sinaturas)
Colamos também este video do programa de tv "El Informal", onde destacamos as palabras do pai de David: "O indulto é unha grácia que se concede para os amiguetes"
14 dic 2012
Solidariedade con David e Noelia. STOP Inxusta Xustiza
Etiquetas:
abuso forzas da orde,
carcel,
direitos,
drogas,
guerra social,
Presos,
protesta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario