14 dic 2012

Pagar por comer no cárcere????

Coma non esperamos nada desa institución á que nun alarde de irónico eufemismo decidiron chamar "Xustiza" pois é xa dificil que nos sorprenda. Pero as veces supéranse a si mesmos acumulando arbitrariedades difícilmente maquillables de democráticas nun tempo record.

Pois resulta que despois da aberrante reforma prevista para o código penal (que introduce a cadena perpetua revisable no país europeo no que xa de por sí cúmprense as penas máis longas); despois dos indultos encadeados aos membros dos corpos represivos, incluso cando fica probada a sua participacion en feitos de tortura (que aínda que é certo que aquí sempre foi así, nunca o deixaran tan meridianamente claro enmendándolle a plana aos xuices dúas veces seguidas nun mesmo caso); e despois do novo sistema de tasas xudiciais que converten o uso da “xustiza”(¿?) en patrimonio exclusivo dos máis pudientes; pois agora, por si o resto fose pouco, o Constitucional ratifica o cobro dos gastos de manutención aos propios reclusos. Coma o oides (ou máis ben coma o ledes), non contentos con privarte da tua liberdade, secuestrándote, humillándote e torturándote durante o período que eles decidan, agora, aínda por riba, terás que pagar por elo!

Deste xeito, o Tribunal Constitucional valida o cobro da manutención dos reclusos extraéndoo das pensións non contributivas. O fallo corresponde ao caso dun preso dunha cadea andaluza que vira reducida a súa pensión de 301 a 147 euros polo desconto do suposto prezo da súa comida. Evidentemente esta sentenza abre a porta a un sinfín de interpretacións torticeras do dereito, tanto nas prisións coma fora delas, que terán como directos perxudicados aos máis desfavorecidos. Pois se os presos teñen que pagar pola súa estancia nas cadeas coma se se hospedasen en hoteis, que pasará cos enfermos dos hospitais ou os que comen en xantadores sociais?

O peor de todo é que mentres acontece todo isto, mentres arrasan cos nosos dereitos, lexislando a golpe de maza e avanzando ao paso da oca cara a o máis descarnado totalitarismo, a xente de a pé acata submisa ou, como moito, regala flores en sinal de protesta aos seus verdugos.


C.R.

Maís info sobre o tema dos indultos neste blog: -Aquí e -Aquí.
Sobre o rechazo a reforma do código penal: na páxina de Esculaca aquí, e en "Tokata" aquí.
Sobre as novas tasas da xustiza -AQUÍ tedes o B.O.E.
Sobre o tema de pagar por comer no cárcere: -AQUÍ no "Tokata", -AQUÍ na páxina de ESCULCA e -AQUÍ no "Galiza Livre".

No hay comentarios:

Publicar un comentario