Hai uns días fixémonos eco da agresión sufrida pola compañeira Noelia Cotelo Riveiro presa no C.P. Brieva en Ávila (noticia aquí). Nela contavamos que desde o 24 de Outubro que se soubo de que Noelia recebera unha malleira por parte dos carcereiros, non houvera maneira de coñecer os feitos, e de certo, na nosa crónica colada da web de Cárcel=Tortura había varios erros cronolóxicos que agora subsanamos nesta nova pois, se ben en nada modifican os abusos recebedos por Noelia, si aclara a denigrante actuación dos carcereiros.
Mais o importante é informaros do inicio da folga de fame de Noelia hoxe día 1 de novembro para denunciar e visibilizar a situación de indefensión na que se atopan xs presxs perante o sistema penitenciario que silencia sistematicamente todos os abusos e torturas tanto físicas como psicolóxicas aos que xs someten. Por iso convócase, como apoio á folga de fame de Noelia, un envío masivo de faxes os días 5, 6 e 7 de novembroao centro penitenciario de Brieva, á secretaría xeral de institucións penitenciarias e ao Defensor do pobo.
Ao parecer, a cronoloxia real dos feitos foi a que segue:
O día 23 de Outubro, Noelia Cotelo comunicaba con a sua nai por teléfone. Nun momento dado os funcionarios instaron a Noelia a terminar a conversa, ao que ela negouse. Cinco funcionarios forzarona a soltar o aparato agarrándola fortemente do seu pulso. Trasladaronna à sua cela e deixarona alxemada a sua cama ata o día seguinte. Ao día seguinte, foi trasladada por recomendación do médico do Centro Penitenciario ao hospital para que fose atendida.
A noite do 23 ao 24 de outubro, Noelia Cotelo encontrabase alxemada a sua cama na sua cela durmindo. Acordou e atopouse a un funcionario de nome Jesús, que participara na agresión anterior, que estaba a somete-la a tocamentos nos seus peitos e no seu torso. O funcionario sorprendido na sua acción e para evitar que Noelia puidera identificarlle arroxou o contido dunha botella de auga à cara de Noelia. A situación e a fuxida do funcionario produciron tal escándalo que as internas que ocupaban as celas contiguas foron despertadas.
Asimismo parece que unha das maletas de roupa da detida foi sustraída do almacén e repartida entre o resto das internas, feito que coñeceu a perxudicada porque unha das reclusas devolveulle varias prendas. Despois disto Noelia presentou a denuncia correspondente e comezou hoxe a folga de fame en protesta pola súa situación.
Aquí tedes o Modelo de Fax para enviar ao cárcere de Brieva e á Secretaría xeral de institucións penitenciarias:
-Secretaría General de Instituciones Penitenciarias: 91 335 40 52
-Centro Penitenciario de Brieva (Ávila): 920 25 90 34
Aquí tedes o Modelo para enviarlle ao Defensor do pobo
-Defensor del Pueblo: 91 308 11 58
Elaborado por C.R. a través de información chegada ao noso correo e con posterioridade modificada por Edu con a nova cronoloxía dos feitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario