Hoxe no C.S.O.A Palavea, ás 19:30h, dan comezo as xornadas anarquistas itinerantes galegas "Novembro Negro"... bueno, dar comezo o que se dí dar comezo, non dan comezo, porque a presentación do libro "Como la no violencia favorece al estado" o mes pasado xa se incluiu no cartaz das mesmas, pero comeza o "Novembro Negro" do mes de novembro propiamente dito.
O caso é que coa charla "A ritalinización da infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH", a cargo de Lois, farmaceutico membro da Xuntanza antiprhoibicionista, iniciarase esta tarde na Coruña o percorrido que continuará mañá xoves 8 ás 20:30 no CSO A Casa Negra de Ourense, seguirá o venres 9 ás 20:00 na "Cova dos ratos" de Vigo, pasará o sábado 10 polo C.S.O. Liceo de Marín e rematará o venres 16 na biblioteca anarquista "A Ghavilla" de Compostela.
Dende Abordaxe continuaremos cos recordatorios semanais das actividades do "Novembro Negro".
C.R.
7 nov 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario