12 nov 2012

"Crónica do domingo" no C.S.O. Casa do Vento de Compostela

Reproducimos o seguinte comunicado chegado onte ao noso correo:

Crónica do domingo

A día de domingo continuamos coas permanencias e espérase que mañán as máquinas comezarán a súa desfeita a primeira hora poñendo en risco o proxecto da horta.

Dende a casa facemos un chamamento a vir botarnos unha man mañán pola mañán,e se non, estar alerta para acudir no momento no que sexa necesario para que sexamos moitas, co fin de paralizar esta obra que forma parte dun plan urbanístico que especula e busca a destrucción do entorno do Sarela.

A rasgos xerais, Verde Urbán ten proxectado construir unha chea de vivendas de luxo tildadas de verdes vendéndoas con esloganes como «proxectamos unha forma diferente de vivir, composta de espazo, terra e aire». Para iso, mercaron propidades sen medo, deixaron caer casas para construir sobre elas e intentan convertir unha zona rural cunha veciñanza de sempre nun lugar de «relax» e paseo que consideramos exclusivo para quen ten cartos.

Na parte que toca ao centro social, hai proxectada a construcción de varias vivendas e un camiño de aceso a elas, que segundo os traballadores cos que falamos pretenden comezar para non perder a licenza de obra, pero nin sequera saben se a seguirán neste momento, din que «nun par de anos…». Ademais, entre outras cousas e polo de agora sacaron do seu sitio e desfixeron un cruceiro de pedra polo que segundo un veciño se interpuxo unha denuncia (non temos toda a info), sacaron unha maceira do seu sitio,… Vamos, en definitiva, que creemos que o están facendo de xeito bastante trapicheiro, e co descontento da veciñanza, e claro, tamén do noso.

Infórmate, difunde e achégate contra a especulación inmobiliaria e a defensa dos espazos autoxestionados!

No hay comentarios:

Publicar un comentario