12 nov 2012

[Vigo] Proposta de GAS para a manifa da folga

Recebemos no noso correio esta convocatoria-pergunta da peña de GAS e damos debida conta dela:

Que facemos na Mani da Folga Xeral 14 N?

A idea para quenes queiran vir con nós é: ir co "bloque revolucionario" (que xurde dunha convocatoria de asembleas abertas feitas na Revolta), que se concentrará as 11h no cruce da rúa Provincial e a Gran Vía, para ir á mani unitaria de UXT/CCOO/CIG que sairá ás 11:30h desde a praza dos Cabalos cara a Praza de América.

Nós pensamos repartir este texto firmado como "apandadoras": A Crise é unha Estafa e o Capitalismo é un Roubo. Contra o Capital Loita Criminal!!!

Para visualizar o do roubo e tal, animamos a levar antifaz, pegado ou pintado, e roupa escura ou a rallas, mensaxes alusivos para portar, berrar, pegar ou pintar.

Se alguén quere levar ou facer outras historias durante o percorrido son benvidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario