10 nov 2012

Constructoras vs. Casa do Vento (Compostela)

Aquí deixamos o cartaz en apoio ao C.S.O. Casa do Vento que recibimos no noso correo:

A constructora Otero Pombo e a promotora Verde Urban atópanse detras do proxecto urbanístico que ameaza ao Centro Social Okupado Casa do Vento de Compostela.

Se onte informabamos de que varias excavadoras invadiran os terreos da horta da okupa santiaguesa, nun intento de construir un acceso para tres vivendas aínda por edificar na finca aledaña, hoxe soubemos que medio cento de solidarios concentráronse na leira ameazada para impedir o traballo das máquinas. Aínda que chegou a policía, ao non ter orde xudicial, non puideron acceder as instalacións do centro social nin a horta que motiva o conflicto, polo que non puideron impedir a acción dos solidarios.

Ao parecer, a agresión da constructora tería relación cos prazos da licencia de obra, pois ao estares preto da data de caducidade precisan facer algún traballo no terreo para non perdela.

Activistas do centro social atópanse agora de xeito permanente na okupa polo que puidera pasar, aínda que non esperan movementos durante a fin de semana.

SOLIDARIEDADE COA CASA DO VENTO!!!

C.R.

Máis info:
-En Galizalivre -aquí.
-En SermosGaliza -aquí.
-No propio blog da Casa do Vento -aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario