Copiamos e colamos do C.S.O Casa do Vento ao respecto do sucedido onte día 12:
Hoxe (por onte) pola mañán vimos que non había excavadora, e tampouco veu o propietario nin a policía a visitarnos.
Polo que poidemos averiguar, a licenza de obra é únicamente para as vivendas da beira do rueiro, e ademais no concello só notificaron a excavación dos cimentos destas. Comprobamos que efetivamente, hai unha estrada proxectada que pasaría por parte da horta do vento, e estamos pendentes de que nos confirmen se teñen a licenza. De todos xeitos, o feito de comezar o desmonte para marcar a estrada parece unha maniobra para aproveitar ao máximo as máquinas contratadas.
Así que polo momento parece ser que a cousa está parada, aínda que non coñecemos o estado da denuncia sobre a casa que o propietario ameazou con poñer o venres.
Recordamosvos que mañán (por hoxe) hai unha charla ás 20h sobre a Crise Ambiental no seo das Xornadas do Novembro Negro e posterior ceador.
13 nov 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario