Dende que o espectáculo se apoderou de case todos os ámbitos da realidade, é difícil encontrar loitas nas que se rompan as normas marcadas polo devandito espectáculo. Por iso, é normal asistir a asembleas, manifestacións, protestas diversas que teñen como fin principal ou único (ou que pretenden planificar) unha repercusión o maior posible nos medios de "comunicación" de masas.
As folgas xerais, en realidade paros de 24 horas [1], dende hai tempo uníronse á lóxica do espectáculo e as protagonistas destas viven inmersas nun proceso polo cal unhas retoman a lóxica da acción directa na súa loita máis ou menos radical contra o capitalismo, mentres outras viven inmersas na lóxica do espactáculo cuxo obxectivo é conseguir unha ampla repercusión mediática que faga de altofalante dunha mensaxe (tamén máis ou menos radical) que poida chegar ata o maior número de persoas posible. É frecuente que sexa unha mesma persoa ou grupo de persoas que vivan nestas loitas certa contradición por participar de ambas as dúas lóxicas. Con este panorama como pano de fondo, as folgas xerais son en moitos casos unha oportunidade para a acción directa que tan pequeno lugar ocupa normalmente na vida de tantas e tantas de nós/vos.
De todas as oportunidades que ofrece un escenario de folga xeral, un dos máis interesantes é a arte da sabotaxe. A sabotaxe é unha actitude de negación máis ou menos intensa contra resignarse á normalidade da opresión cotiá, contra resignarse ante a natureza da opresión. Cando a persoa oprimida se recoñece a si mesma como oprimida, trata de poñer todas as trabas posibles á súa realidade como engrenaxe do sistema. As devanditas trabas ás veces collen forma en posturas éticas que sosteñen comportamentos cotiáns a miúdo loables, pero a súa forma esencial é a autodefensa a través de formas activas/físicas de incidir materialmente contra aquilo que nos oprime. A sabotadora non necesita de grandes medios materiais nin de moita xente, pero debemos recoñecer que a sabotaxe a grande escala é a miúdo un acto de rabia que esconde o obxectivo de parar/danar o sistema a grande escala e que nos recorda aínda que sexa durante 24 horas que aquelas que todo o construímos, se quiesiéramos, todo o parariamos, que o carro avanza porque nós tiramos del e que este avanzará por onde nós queiramos que avance e que nunca se detén porque estamos enfermas de obediencia.
A enfermidade da obediencia é o peor inimigo da sabotaxe pois o principal síntoma desta enfermidade é a xustificación da opresión, é a oprimida con valores de opresora, que se nega a si mesma como ser capaz de tomar as rendas da vida en todos os ámbitos. A obediencia enxalza as institucións, a necesidade da orde establecida, a inevitabilidade da propia obediencia xeneralizada.
A sabotaxe, a arte do matrimonio das pequenas cousas
Hai xente que cre que a arte debe ser algo magnífica, extraordinaria, espectacular mesmo. Parvadas. A sabotaxe é a arte da satisfacción da maritaxe das pequenas cousas creando unha orde superior, a orde da insubmisión fronte á inxustiza institucionalizada. A sabotaxe é o amor do cravo pola roda, da pintura polo caixeiro automático, da grampa e o pegamento polo fecho, da barricada pola estrada, etc. Esa é a subversión, ese é a arte que nunca poderá ser mercadoría.
Este 14 de novembro seremos protagonistas dunha nova xornada de folga xeral. Montaremos un bonito espectáculo ou camiñaremos por entre as sombras del co sono da destrución do capitalismo ás costas e a esperanza de converter esta xornada nun espazo de apoio mutuo e loita do que poidamos sentirnos orgullosas/vos.
Pola anarquía.
[1] Xá case están esquecidas as verdadeiras folgas que consistían no paro das traballadoras de forma indefinida ata o logro dos seus obxectivos.
Copiado, traducido e colado de GrupoHelioGabalo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario