Recebemos do Ateneo Libertario Lume Negro de Ponteareas un seu correio notificando que este xoves ás 21.00 horas, e como sempre no Enigma Café-bar, haberá unha nova proxección do Pontedocu. Esta vez o tema elixido son os medios de comunicación. Verase: "Cuarto poder, los medios en la sociedad de la información", unha análise rigurosa das estructuras mediáticas e dos seus intereses económicos e ideolóxicos que pon ao descuberto os mecanismos ocultos
destas enormes máquinas de seducción.
Ateneo Libertario Lume Negro
"Cuarto Poder: los medios en la sociedad de la información" é o primeiro trabalho do Colectivo Audiovisual "Tres y Un Perro".
Podese ver gratuita e íntegramente na sua web "Tres y Un Perro"
No hay comentarios:
Publicar un comentario