Aquí tedes ao amigo Pablito facéndolle unha felación informativa ao camarada Beiras dende o seu programa "La Tuerka". Ou sexa, gañando o xornal!
Se hai un par de días informábamos da contratación dunha decena das caras máis coñecidas do 15M coruñés para traballar na campaña electoral de Esquerda Unida (noticia -Aquí), agora engadimos nova información ao xa apontado. E é que E.U., que concurre nesta ocasión coaligada co partido de Beiras baixo a marca Alternativa Galega de Esquerdas, contratou para a dirección da súa campaña ao presentador do programa de televisión independente Pablo Iglesias, quen sería o reponsable da estratexia da contratación de “indignados” nas labores da campaña.
Pablo Iglesias Turrión, que dirixe o programa de tertulia “La Tuerka CMI” de Tele K e do Canal 33, ademáis de ser colaborador do diario Publico, aspirante a Pope dos movementos sociais e interlocutor do altermundialismo “chachi-guachi”, non tivo empacho en aceptar os cartos ofrecidos por Esquerda Unida para realizar un preeminente papel na organización da campaña de Alternativa Galega de Esquerdas de cara ás eleccións do próximo domingo. Deste xeito o partido alugoulle un piso na Coruña, dende onde escribiría os discursos dos políticos de E.U. entre outras labores relativas á campaña.
Sería precisamente a iniciativa de Pablo Iglesias que o partido puxo outro piso a disposición dun selecto grupo de coñecidas caras do 15M coruñés que, baixo a escusa de realizar traballos informáticos para a coalición (a cambio dun salario, evidentemente), pretenderían atraer o voto indignado en proveito electoral da chamada “Syriza Galega”.
É canto menos curioso que unha coalición na que concurren varios partidos nacionalistas galegos contrate coma un dos directivos da súa campaña a unha estrela mediática do mundo alternativo de Madrid. Aínda que os rumores de que o tal Pablo Iglesias mantén unha relación cunha importante diputada madrileña de Izquierda Unida podería, en parte, esclarecer o asunto.
Nada sorpresivo en absoluto, un partido político realizando unha maniobra ben montada de cara a manipular o voto da “esquerda alternativa”. Trinta moedas de plata para que algún que outro indignado faga propaganda entre os seus; e a contratación dun bo publicista “alternativo” para atraer o voto dos “movementos sociais”. Niso consiste a política parlamentaria, en enganar ao persoal para que voten o que normalmente non quererían votar.
Como xa dixemos “nada novo baixo o sol”, pero nunca está de máis lembrarlle á xente como funcionan as cousas. As veces compre recordar unha vez máis o verdadeiro cheiro da política, as mentiras das supostas alternativas parlamentarias e o funcionamento podre dos partidos políticos .
A rá Gustavo, o repoteiro máis dicharachero de todo Barrio Sésamo.
20 oct 2012
Esquerda Unida contrata ao presentador “alternativo” Pablo Iglesias para a sua campaña electoral, responsable a súa vez da contratación de “indignados”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario