A Convocatoria de onte para "tomar o congreso" (trasmutada co tempo e polo reformismo en "rodear o congreso") rematou como todxs sospeitábamos: con duras cargas policiais e numerosas detencións. O balance da prensa comercial aponta 64 feridxs e 35 detidxs; pero tamén falan de só 6.000 manifestantes, as poco cribles cifras facilitadas polo goberno.
-------------------------------------------------
O parlamento galego tamén atopouse co descontento popular, como moitas capitais do estado que secundaron a protesta, pois preto de 500 persoas marcharon dende a Praza Roxa ata as portas do Pazo Raxoi entre berros contra o capitalismo, contra os recortes e en demanda dunha Folga Xeral. Os lemas das tres pancartas despregadas polos manifestantes foron "Abaixo o Poder", "O capitalismo non se reforma, destruese!" e "Estamos Fartxs. Todo o poder para o povo!".
Elaborado con información da prensa comercial e de testemuñas directas por C.R.
As fotos collímolas de PRAZA -AQUÍ.
Hoxe había un par de "iluminaos" con comentarios coma este que colo a continuación, que un alma caritativa me pasou tras atopalo en Feisbuk (xa que eu non me movo por eses latifundios cibernéticos)onde ó parecer estaban a celebrar unha asamblea virtual (non sei se escarallarme de risa ou chorar...):
ResponderEliminar"da igual que sean infiltrados policías o no! a partir de ahora debe ser nuestra misión garantizar el pacifismo siendo nosotros mismos los que saquemos a cualquier participante revienta-concentraciones en contra de nuestros principios! no son el centro de nada! no pueden representar 20 gilipollas a 20.000 personas!"
Claro que sí, meu rei. Ti faille o traballo sucio ós cans do Estado que elxs de seguro saberán recompensarte. Se cadra a ti te pegan menos hostias que ó paleto do lado, pero bueno, ti non te rebeles eh?, ti levanta as manciñas (que se vexa ben que non levas nada "perigoso", non sexa que nos medios despois digan que estabas a tirar pedras) e chora canto poidas, ou mira, mellor aínda!, dalle unha aperta e biquiños ó coitado señor policía que só fai o seu "traballo".
En fin... cantas patadas na boca facían falta, me cago en Dios.