20 jul 2012

15 detidos e ducias de feridos tras da manifestación sindical de Madrid. Bloque crítico na manifestación de Coruña.


Onte os sindicatos oficiais conseguiron arrastrar ás rúas a un gran número de xente en contra dos durísimos recortes do goberno. Tratando de canalizar o crecente descontento popular, as centrais sindicais para-estatais, a sabendas do descrédito no que caeron tras décadas de borreguismo lacaio coma apéndices do poder, souberon sacar réditos políticos da insostible situación que padece o estado.

En Madrid, o marco pacífico das protestas veuse desbordado tras das cargas policiais fronte ao congreso dos diputados, ao remate da manifestación, o que derivou en enfrontamentos coas forzas da orde e cruce de barricadas feitas de contentores ardendo polas rúas do centro. Detiveron a 15 persoas e polo menos outras 39 mancáronse no transcurso dos enfrontamentos.

As manifestacións foron masivas tamén en Galiza, con nove protestas convocadas. Na que transcorreu en A Coruña, un bloque crítico formado por colectivos sociais á marxe das institucións (sindicais incluídas) desligouse da marcha xeral á altura dos cantones para cortar o tráfico na rúa de San Andrés, bloqueando así de xeito completo o centro da cidade. Membros deste bloque tamén penduraron unha faixa co lema "Contra o capital, Guerra social" (cunha A circulada na penúltima letra) preto da sede do P.P.; onde lanzáronse ovos contra a fachada e encheuse de lixo a entrada do inmoble. Un dos potentes petardos que amenizaron o momento derrubou o falso teito da axencia de viaxes de Nova Caixa Galicia, contigua a sede "Popular", o que provocou a ledicia xeral e levantou fortes ovacións. Á altura da praza de Mina, algúns dos integrantes do bloque increparon aos membros do S.U.P. (sindicato dos madeiros, amparado neste caso polo resto de sindicatos amarelos) que tiveron que escoitar algunhas verdades sobre o seu cometido represivo e torturador.
A marcha do bloque crítico, xa escindida da protesta sindical, atravesou a Rúa Real entre berros e pintadas combativas para rematar fronte ao antigo Cine París.



Elaborado por C.R. con información da prensa burguesa, de "La Haine" (AQUÍ), de "Diario Liberdade" (AQUÍ),o video o collimos de Alboroto (en inglés AQUÍ) e, no tocante a protesta de A Coruña, tamén de fontes presenciais.

1 comentario:

  1. Deixovos este vídeo compas, onde se ve claramente cómo os cans da UIP apostan por "reventar os bares":

    http://www.youtube.com/watch?v=64KuUUGB5po

    ResponderEliminar