2 abr 2012

Centos de detidos en Frankfurt no M31


As protestas do día internacional contra o capitalismo, convocado para este 31 de marzo (M31- máis info da convocatoria neste blog aquí-),saldáronse na cidade alemana de Frankfurt con varios centos de detidos (200 según algunhas fontes e 460 noutras). As protestas, convocadas en toda europa, tiveron un menor seguimento noutras cidades do continente; no estado español non temos noticias das manis previstas, pero sospeitamos que a folga eclipsou completamente a convocatoria.
No caso da mencionada cidade alemana unhas 6000 persoas secundaron a marcha, durante a cal atacáronse con pedras e pintura algunha comisaría, empresas de traballo temporal e a sede do Banco Central Europeo. Houbo cargas policiais e moitos manifestantes foron retidos en grupo polos antidisturbios durante seis horas no medio da rúa, sen permitir o contacto cos avogados.
Outros grupos de manifestantes escindidos da manifestación provocaron disturbios e mantiveron enfrontamentos coas forzas da orde ata a noite. Un policía rematou na unidade de coidados intensivos tras ser rodeado e apaleado polos manifestantes. Algúns dos enfrontamentos máis graves sucederon cando os seus compañeiros tentaron rescatalo. Un mínimo de 15 persoas resultaron mancadas, unha delas de gravidade.
Para o mesmo día outras moitas capitales europeas tiñan convocadas manifestacións similares, como Milán, Zagreb, Viena, Utrecht, Moscú, Kiev, Atenas, Madrid ou Murcia. Non temos moitas noticias delas salvo que a de Atenas non foi moi concurrida (foto do final).
C.R.
Información extraída de: Alasbarricadas (aquí) e de Contrainfo (aquí)





1 comentario:

  1. Compas, en Contrainfos actualizaron a nova ca testemuña dalgunhas persoas que estiveron nas rúas de Frankfurt o pasado día 31. Hai un novo enlace, déixovolo por aquí.

    Saudiña meus

    http://es.contrainfo.espiv.net/2012/04/04/frankfurt-31m-manifestacion-anticapitalista-en-el-centro-finaciero-de-alemania-noticia-actualizada/

    ResponderEliminar