Segundo a información aparecida na prensa comercial hai uns días, o municipio ourensán de Trasmiras podería aloxar unha base da OTAN destinada ao programa de avións non tripulados. Neste sentido, o ministerio de defensa acaba de asinar un acordo para integrar a españa no programa AGS (Alliance Ground Surveillance) da coalición atlántica, o que se considera un primeiro paso nesta dirección.
A creación dunha base de avións non tripulados (drones) en galicia desconxestionaría a sede actual destes modernos aparatos en Sigonella, Sicilia, onde xeran severos problemas pola necesidade de pechar o espazo aéreo cada vez que despegan. O reducido tránsito aéreo de Galiza é unha das vantaxes que levou tanto á firma norteamericana Northrop Grumman, fabricante dos aparatos, como ao propio goberno gringo a dar o visto e prace ao emprazamento.
O custo inicial do proxecto sería duns 250 millóns, sufragado polas compañías privadas implicadas e os socios do mesmo, remataríase no 2017 e traería a Galiza uns 7000 militares da OTAN e enxeñeiros.
A misión dos drones, avións pilotados dende terra, é a de "... detectar, mediante aparatos non tripulados, movementos de persoas ou vehículos sospeitosos a longas distancias" e foron profusamente utilizados nas últimas guerras con participación yanki.
Ou sexa, que deste xeito Galiza se convertería nun punto clave do novo mundo do control social, nunha das capitais do 1984 global.
C.R.
Nova elaborada con información aparecida na prensa comercial.
3 abr 2012
Base aérea da OTAN en Galiza?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario