26 feb 2011

Reivindican tres ataques incendiarios contra un edificio de Rabobank (Paises Baixos)


O grupo "Conspiración de Celulas de Lume, célula holandesa" reivindicou mediante un comunicado aparecido no indymedia dos Paises Baixos (aquí -en ingles) a responsabilidade de tres incendios na sede de Utrech da entidade financieira holandesa Rabobank (Coöperatieve Centrale Raiffeisen-Boerenleenbank B.A.), así como o ataque a súa páxina web. Dous das accións incendiarias contra o rañaceos en construcción da multinacional bancaria aconteceron en xuño e outubro do ano pasado, mentres que a última realizárona este mes.
No comunicado solidarízanse coa célula de prisioneiros da C.C.L. e enmarcan a acción contra os "fascistas de Rabobank" pola súa relación coa venta de armas pra "policías, militares en los Países Baixos, Egipto, Grecia, Israel, Libia, Arxelia e outros países". Tamén ameaza con futuros ataques contra "Shell, ING, ABN-Amro, Randstad".
Segundo a prensa comercial holandesa voceiros da policía darían credibilidade ó comunicado e estarían a investigar o ataque.

No hay comentarios:

Publicar un comentario