30 ene 2011

Crónica da concentración do Bloque Anticapitalista (A Coruña)


Pese ó impresionante dispositivo policial, algo menos dunha centena de persoas desafiaron ós cacheos e ás identificacións pra se concentrar diante do obelisco da coruña, respondendo así á convocatoria do Bloque Anticapitalista no día da folga xeral. Durante pouco máis de media hora coreáronse consignas contra o goberno, os sindicatos e a policía tras dunha faixa que rezaba “O capitalismo é a crise. Non se lle reforma, destrúese”. Todo baixo a atenta mirada de cinco dotacións de antidisturbios (tres á vista e dúas unhas ruas máis aló) pertrechados como pra comezar unha guerra.
As identificacións e os cacheos foron constantes dende as seis da tarde, hora prevista pra comezar o acto, e tiveron como consecuencia a detención dun rapaz que non tiña o carné e o que lle interviron algúns porros; ademáis da máis que probable intimidación de moita xente que puidera ter participado.
Despregamos a faixa pasadas as seis e media e repartimos panfletos e cantamos consignas anticapitalistas ata as sete e media, cando decidimos remata-lo acto coa lectura dun comunicado. Non saímos de manifestación por consideralo perigoso para os participantes dada a actitude dos esbirros da represión.
A prensa comercial, concretamente “La Voz de Galícia”, non tivo reparo ningún en terxiversar a nova nun ridículo artigo encabezado co seguinte titular “Identificados varios okupas de las Atochas en una concentración”. Nesta patraña informativa pretenderon facer pasar toda a protesta por unha mani okupa, aproveitando o tirón informativo das calumnias vertidas hai menos dun mes por mor da manifestación contra o desaloxo da okupa coruñesa, e alimentando así o clima de histeria que eles mesmos crearon. De xeito totalmente ridículo non tiveron empacho en redactar perlas do calibre de “Según varios dependientes de los comercios de las inmediaciones, los manifestantes no produjeron ningún tipo de destrozo, y se limitaron a gritar varios de sus lemas”. Que imos esperar dos voceiros do sistema. Enlace eiquí a nova manipulada de La Voz.
Este martes a samblea do Bloque Anticapitalista reunirase ás 20:00 no C.S. Atreu! Pra valorar a xornada de folga así como as actividades previas e os piquetes, tamén se considerarán futuras mobilizacións e perspectivas cara o futuro. Probablemente publicarase un comunicado.

3 comentarios:

  1. Agárdase ese comunicado e novas movilizacións. Esta vez xs cans estaban avisadxs, xa será noutra.

    Saúde

    ResponderEliminar
  2. BIEN ACOJONADITOS QUE ESTABAIS¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  3. Díxolle a tixola ó cazo. Ti quen es, anónimo?, picoleto ou sinxelamente tes un problemiña de autoestima?.

    Anda, Terminator, se tan "acojonaditxs" estabamos, porque non viñeches a xunta nosa a comunicarnos o noso grao de temor?.

    Jajajajaja vaia tipo máis simpático, lisca anda, lisca.

    ResponderEliminar