31 ene 2010

Ataque con bomba en oficina de ex-primeiro ministro grego en Atenas


Unha pequena bomba fabricada con latas de gas para acampar estoupou na tarde do 28 no centro da cidade de Atenas, causando danos menores e ningún ferido

O artefacto foi colocado na entrada da oficina política do ex-primeiro ministro Kostas Simitis (1996-2004) en cálea de Akadimias. O edificio encóntrase preto dalgúns edificios estatais e do Parlamento, lugar onde ocorreu un ataque terrorista sen precedentes a principios deste mes, tamén sen deixar feridos.

O estalido causou un pequeno incendio e danos ao edificio que alberga a oficina.

A policía está buscando pistas que leven á captura das persoas responsables.

Grupos anarquistas que operan en Grecia aumentaron os seus ataques en contra de obxectivos políticos, policiais e financeiros desde decembro de 2008, cando un adolescente morreu a tiros por un policía, feito que ocasionou disturbios en todo o país.

Fonte: spanish.peopledaily.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario