31 ene 2010

Absoltxs anarquistas italianxs pola campanha contra Benetton (responsables do expolio de terra mapuche)


O 19 de xaneiro concluíu en Florencia o xuízo en primeiro grao contra os anarquistas "Bis e Ter", acusados de asociación subversiva contra Benetton.

A acusación tratou de demostrar que todas as individualidades que participaron a nivel internacional nas iniciativas da Campaña contra Benetton formaban parte dun proxecto asociativo subversivo. Por isto pediron unha condena de 5 anos e seis meses de encarceramento para "Bis" e un ano para "Ter". A Corte de Asis, pola contra, estableceu a absolución para ambos os dous compas en tanto que "o feito non subsiste".

De calquera forma lembramos que non terminaron os líos xudiciais para os que loitan contra as Cores Unidas da Vergonha: a día de hoxe, de feito, estáse en espera de sentencia sobre o desaloxo da comunidade mapuche Santa Rosa.
Solidariedade activa cos peñi e os lamuen en conflito cos usurpadores do territorio mapuche.

Marichi weu!
Pekeñ e Trapial

Fonte Culmine

Info extraída de klinamen.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario