23 sept 2014

[$hile] Sobre a detención de 3 anarquistas acusadas dos últimos explosivos

Recollemos información de Publicación Refractario, tal como a foron publicando as compas desta publicación antiautoritaria contra o sistema carcelario:

1º) ¡URXENTE!: Deteñen 3 compas acusadas dos últimos atentados explosivos (18/09/2014 as 13 horas):

Durante a madrugada do 18 de setembro do 2014, diversos allanamentos sacudiron a Santiago buscando dar resultados aos últimos atentados explosivos. Finalmente a policía nun amplo operativo consegue a detención de 3 compas, das que a súa identidade segue sendo oculta.

Segundo a prensa e a policía, a detención teríase concretado supostamente grazas a peritaxes realizadas aos vídeos do atentado ao Subcentro o 8 de Setembro.

A fiscalía e o Ministerio do Interior non dubidarán en aplicar a lei antiterrorista contra xs acusadxs, que foron trasladadxs ata a 33 comisaria nun amplo despregamento represivo á espera de que pasen a "Control de detención" ou sexan "Formalizados" no Centro de Xustiza. Todo isto coa posibilidade de que sigan secuestradxs na comisaria, debido ás amplas atribucións que outorga a Lei antiterrorista permitindo mantelxs detidxs sen presentalxs por 10 días ante algún tribunal.

O Estado policial busca o seu particular modo de celebrar as "festas patrias", que non é mais que o seu propio aniversario, realizando operativos (anti)terroristas e gran movemento de forzas represivas, buscando manter a súa falsa sensación de seguridade e control..

Pola prensa sinálase que estarían vinculadxs a parte dos últimos atentados explosivos, en particular cos atentados do 11 de Agosto contra dúas comisarias, revindicados por C.I.V (conspiración internacional pola vinganza) e as recentes revindicacións dos atentados ao Metro dos Dominicios e ao Subcentro por parte de "Conspiración de Células de Lume - Chile".

A pesar das diferenzas que temos en como se levou a cabo e nas consecuencias do último atentado, o obxectivo e o dano a civís. Sen sequera coñecer ou saber quen son xs detidxs, sen sequera saber se asumen ou rexeitan a acusación policial. Non nos uniremos ao coro social que busca sepultar en décadas de prisión calquera que poña nos bancos da súa inquisición democrática, senón que chamamos á solidariedade insurrecta cando é o Estado con todo a súa aparataxen mediática, lexislativa e policial o que desata a cazaría.

Solidariedade con quen son golpeadxs polo Estado Policial!
!Abaixo a Lei Antiterrorista, Abaixo todas as leis!



2º) ¡Urxente! Actualización sobre as compas detidas polos últimos atentados (18/09/2014 as 15:30 horas)

Pasado o mediodía, e unha vez concluída a pútrida cerimonia relixiosa propia do 18 de Setembro, onde se deu cabida toda a casta de poderosos e represores correspondentes. A prensa e a policía decidiron "liberar" os nomes das compas detidas. Así finalmente as compas foron identificadas como:
* Nataly Casanova Muñoz (26 anos)
*Juan Flores Riquelme (22 anos)
*Guillermo Durán Méndez (25 anos)

As detidas foron trasladadas dende a 33 comisaria ao centro de Xustiza, para o seu control de detención. Á saída do cuartel policial. Todas camiñaron coa cabeza alta. Juan berrou a viva voz: Abaixo o Estado Policial!, mentres que Nataly sorría ironicamente ante a sarta de estupideces preguntadas polos xornalistas. Finalmente Guillermo camiñou calado, coa fronte en alto e ao ser ingresado ao auto policial realizou insultos coas mans á prensa.

Para as 16:30, quedou fixada a audiencia no 15º Xulgado de Garantía, onde se controlará a detención e verase se serán formalizadxs ou se, a terrorista fiscalía sur, solicita ampliación do prazo de detención.

Solidariedade ante as campañas do terror por parte da prensa, o Estado e a policía!

e 3º) Ultima actualización sobre as 3 compas acusadas dos últimos atentados explosivos. (18/09/2014 á tarde)

Finalmente a audiencia de control de detención se levou a cabo ás 16:00 Hrs, aproximadamente, cun amplo despregamento de seguridade foron presentadas ante o 15° Xulgado as compas Nataly, Juan e Guillermo.

A fiscalia buscando gañar tempo e continuar a súa estratexia de terror, decidiu solicitar a ampliación da detención antes sequera de ser formalizadas, utilizando as prórrogas e os beneficios da lei antiterrorista.

As compas foron defendidas por avogados de oficio, e terían negado a súa participación nos feitos. Durante estes 5 días, a fiscalía buscará cotexar examéns de ADN que lle foron tomados ás compas como tambén supostas trazas de explosivos en roupa e mans.

A audiencia da formalizacion de cargos contra as compas quedou fixada para o Martes 23 de Setembro 2014 ás 13:00 Hrs no Centro de Xustiza. É nesa etapa procesual da inquisición onde se mostrarán os seus antecedentes, e se lles acusará especificamente dalgúns cargos (xa que aínda hai confusión sobre que atentados se lles acusa e cal é a participación que a fiscalía lle atribúe a cada quen), tambén se fixarán as medidas preventivas (prisión preventiva, arresto domiciliario, etc) e tambén se definirá un prazo investigativo antes do xuízo.

Os compañeiros Juan e Guillermo foron trasladados ao centro de exterminio Santiago 1, en celas de illamento e individuais. Mentres que a compañeira Nataly foi levada ao centro de exterminio de San Miguel, baixo mesmas condicións de illamento.

Ante a arremetida represiva, as campañas de prensa e vocerías da fiscalía, a nosa solidariedade vai con xs detidxs e o seu ámbito. Que mentres se encontren secuestradxs, en illamento e en mans dos miserables de uniforme, a nosa solidariedade non poida esperar nin ser compracente.

SOLIDARIEDADE E ACCIÓN CON JUAN, GUILLERMO E NATALY!

Abaixo o Estado Policial e Carcerario!

1 comentario: