Recollemos de IndyBarna:
O EI odia o YPG porque esta é unha organización revolucionaria, anticapitalista aberta a todas as relixións e etnias, con participación masiva de mulleres en todos os niveis da organización, e estivo a colectivizar o norte de Siria en consellos e cooperativas de traballadores dende que as forzas militares de Assad saíron desa rexión en 2012.
Fontes de inspiración para o YPG inclúen as obras do autor libertario Murray Bookchin, con valores centrais como democracia, ecoloxía, inclusividade e estruturas sen xerarquía. As forzas do YPG son as que rescataron os Jesidis civís que se refuxiaron na Montaña de Sinjar en Agosto, moito antes do primeiro ataque aereo de Obama. O YPG verdadeiramente pódense considerar os Zapatistas do Medioriente.
O Estado Islamico pelexou a maioría das súas batallas contra o YPG, e moi poucas contra o goberno de Assad (un feito moi sospeitoso). De feito, dende o 18 de Setembro de 2014, o Estado Islamico ten o 80% das súas forzas cometidas ao asalto a YPG en Kobane.
O EI está a usar armas modernas e pesadas, capturadas do goberno marioneta Iraquí, contra o YPG, que está armado só con rifles e poucos RPG. Por isto témese que a YPG non vai poder aguantar o EI en Kobane. O YPG non pode renderse ao EI, como protexen a unha grande poboación de musulmáns, cristiáns e outros que se refuxiaron no norte, e sabendo como o EI trata aos seus prisoneros (execución), lanzo un apelo de axuda internacional. O peor desta situación é que Kobane se encontra cercada entre o EI e Turquía (que ten a fronteira pechada por simpatías co EI, ao que arma). Erdogan, Presidente fundamentalista de Turquía, ten a esperanza que o EI elimine aos seus vellos inimigos: os Kurdos da YPG.
Os falsimedios non cobren estes eventos, porque as victimas esta vez son anticapitalistas e revolucionarias!
..................
Máis información interesante sobre esta luita en Regeneración Libertaria, onde hai unha moi interesante reportaxe de Zaher Baher do Haringey Solidarity Group e Kurdistan Anarchists Forum, quen pasou dúas semanas no Kurdistán sirio observando as experiencias de autogoberno na rexión en contraste co trasfondo da guerra civil siria e o levantamento do Estado Islámico.
La guerra en Kobane se está intensificando y el destino de esta guerra no es solo significante para Kobane y Rojava, sino que determinará el destino del Kurdistán:
ResponderEliminarhttp://www.alasbarricadas.org/noticias/node/32431
El experimento del Kurdistán oeste (Kurdistán sirio) ha probado que el pueblo puede realizar cambios:
ResponderEliminarhttp://www.alasbarricadas.org/noticias/node/32403