18 sept 2014

[Alemania] Chamado dende o Campamento en defensa do Bosque Ham­bach e visita policial

A defensa do Bosque Hambach, ubicado perto de Colonia, é unha luita que leva xa mais de 2 anos en activo pola defensa deste patrimonio natural dunha das paraxes máis antigas da Europa e contra das pretensións capitalistas de construir nele a maior mina de carbón marrón a ceo aberto do continente. Varias compas do estado español están lá colabourando na mesma e con motivo delo, participan do blogue do proxecto (http://bosquehambach.blogsport.de/) na súa versión en castelán, onde están a publicar as súas impresións e dan conta das actividades programadas no seu seno e dos aconteceres do día a día. Alén, unha desas compas, nos enviou ao noso correo a última actualización na que denuncian a presencia da policía nos arredores do campamento, e que colamos despois de traducir. Alén, noutro correo nos enviara un convite para o evento que se está preparando para fi­na­is deste mes de setem­bro e co­men­zos de outub­ro (do 26 de setem­bro ao 6 de outub­ro) en Skills­ha­ring Camp, un en­con­tro aber­to a cal­queira persoa in­te­resa­da que se rea­li­zará no cam­pa­men­to prin­ci­pal e no bos­que e con­tará con palestras e pre­sen­ta­cións, obradoiros prácticos, de­ba­tes, pro­xec­cións, con­cer­tos etc.

Coincidindo co día escollido para unha celebración oficial na que representantes de RWE (a empresa que está detrás da grande explotación mineira que ameaza o bosque) xunto con políticxs locais pensaban inaugurar un novo tramo de autoestrada (construída co obxectivo de seguir facilitando a expansión da mina), esta mañá, o campamento de resistencia no bosque de Hambach espertábase cunha desagradable sorpresa. Efectivos policiais rodearon o campamento para controlar os movementos dos que alí se encontraban, mentres impedían a xente saír (non se podía acceder ao cuarto de baño, nin á cociña freegana, nin a outras instalacións situadas dentro do bosque, nas inmediacións do campamento). Ao mesmo tempo, un continxente de aprox. 100 madeiros invadía o bosque, retirando as barricadas que se construíran nalgúns sendeiros e tratando de desaloxar tamén unha das okupaciones do bosque (Beech Town) onde hai unha cabana nunha árbore e diferentes lugares para durmir a rentes de chan. A policía esnaquizou todo o que habia a rentes de chan, e mobilizáronse unidades de escalada.

Por agora, o campamento segue rodeado. Os madeiros empurraron unha compa cando lles preguntou que querían pero non se produciron altercados notables ata agora, e a mañá intentou transcorrer con "normalidade" (se ben a maioría por seguridade ocultabamos o noso rostro). Estamos á espera de novos feitos.

Para máis información, permanecede atentxs ao blog do campamento, onde iremos actualizando con novas noticias e feitos que poidan suceder ao longo do día.

pdt.- Dicer que no blogue apontan que as 15 horas xa non ficaban policías nen outrxs in­imi­gxs no bos­que. Un coche da se­gu­ri­dade pri­va­da de RWE es­ta­ba pa­san­do sobre as bar­ri­ca­das re­ti­ra­das pero todo ficou tran­qui­lo. As ac­tua­li­za­cións se darán un de­scan­so por agora. Se hai máis acción, ac­tua­li­za­re­mos de novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario